ACORDO PEIA 2018

14 Fev 2018
Email , Categorias: Produtividade,

Onte asinouse o acordo do PEIA para o 2018. Con máis da metade do documento previamente consensuado e acordado entre a AEAT e as organizacións sindicais CCOO, UGT, CSIF e SIAT, e co precedente dos "Plans Anuais" dos anos anteriores era visto que o acordo estaba ao caer. Así, salvo a modificación dos pagos mensuais de produtividade que están vinculados a facer as horas do PEIA, o resto do documento é un calco do acordo do ano pasado. Desde a CIG seguiremos loitando para que o noso salario non dependa nin dos xefes, nin de facer un maior horario. A posta en marcha das reclasificacións que nos deben e a reactivación do Acordo de Carreira Administrativa ten que ser unha realidade. Achegamos un resume coas cuestións máis salientable do acordo.

Resume_acordo_PEIA_2018.pdf