FACENDO MEMORIA

11 Fev 2018
Email , Categorias: Info Xeral,

40 anos das mobilizacións do sindicalismo galego contra os Pactos da Moncloa

As consecuencias sociais e laborais destes acordos foron durísimas. Aprobados no contexto de grave crise económica internacional do capitalismo da década dos setenta e enmarcados na xestión da mesma que deu pé á reacción neoliberal, abriron a porta a un marco laboral máis desregulado, a destrución dun grande número de postos de traballo e a unha perda brutal do poder adquisitivo dos traballadores, ao desligar a suba dos salarios da inflación. Ao tempo, avanzábase no despido libre, permitindo a todas aquelas empresas que aumentaran o xornal por riba de 22% aos seus empregados despedir até un 5% do cadro de persoal total, cuestión que axudou ás altas taxas de desemprego da época. Na mesma orientación, conxelábanse as partidas orzamentarias para combater o desemprego e implementar políticas públicas que posibilitasen a creación dos postos de traballo, a cargar a totalidade dos custos da crise nas clases populares.

“Nihil novum sub sole” Os mesmos sindicatos que naqueles anos traicionaron á clase traballadora seguiron, e seguen hoxe en día, a ser mamporreros do Poder e os que daquela demos batalla na defensa das clases populares seguimos a facelo na actualidade. As relacións Admón.-Sindicatos na AEAT son un claro exemplo de a quen representa e o que defende cadaquén.

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/40-anos-das-mobilizacions-galegas-pactos-da-moncloa/20180126175455065460.html

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Dezembro 2018
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
CMS software