8 DE MARZO, FOLGA DAS MULLERES

07 Fev 2018
Email , Categorias: Acción Social,

A CIG formalizaba este luns no rexistro da Consellaría de Economía, Emprego e Industria a convocatoria da folga de mulleres que terá lugar o 8 de Marzo en Galiza, no marco dunha xornada internacional de paros e mobilizacións para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia.

A folga, que afectará a todas as actividades e centros de traballo de Galiza, tanto das empresas privadas como do sector público, farase efectiva nas franxas horarias comprendidas entre as 00h e ás 02 horas, das 12 a 14 horas e das 19:30 a 21:30 horas; é dicir en paros laborais de dúas horas por quenda de traballo.

http://www.cig.gal/nova/a-cig-formaliza-a-presentacion-da-folga-de-mulleres-do-8-de-marzo.html

 

8 e 10 de Marzo: recuperando os nosos dereitos

07 Fev 2018
Email , Categorias: Acción Social,

Coa ollada posta no 8 de Marzo e no 10 de Marzo, a CIG realizou este martes asembleas de delegadas e delegados en todas as comarcas  para abordar a convocatoria de folga de mulleres, coincidindo co Día Internacional da Muller Traballadora, e as mobilizacións convocadas co gallo do Día da Clase Obreira Galega. Dúas datas senlleiras ás que a CIG quere devolver o seu contido de clase e reivindicativo e nas que efectivizar a campaña pola recuperación dos dereitos e a loita contra a pobreza.

http://www.cig.gal/nova/id-8-e-10-de-marzo-recuperando-os-dereitos-recuperando-a-orixe-obreira-e-reivindicativa-de-ambas-datas.html

 

PEIA 2018

07 Fev 2018
Email , Categorias: Produtividade,

A CIG non asina o PEIA porque supón un paso atrás para o persoal e volver á dinámica da produtividade: depender dos xefes, non poder explicar porque tí cobras menos que o teu compañeiro facendo o mesmo traballo, e seguir coa arbitrariedade de sempre. E por suposto, supoñendo que estés ben de saúde que noutro caso, non vas ver os cartos diante…

Por iso pensamos que como sindicato non podemos defendelo, non cremos que sexa difícil de entender. E moito menos entendemos que se poidan recoller sinaturas para, supostamente, reactivar o acordo de Carreira Administrativa, e logo, por arte de birlibirloque, éstas se utilicen para ter máis PEIA, e dar o aval para que, se antes o PEIA supuña o 5% do noso salario, agora xa esté máis cerca do 20%.

Argumentos_non_descalificacions.pdf