ESCRITO PRESENTADO RECLAMANDO A CONVOCATORIA DA MESA TÉCNICA DO SVA

28 Fev 2018
Email , Categorias: Acción Social,

Por parte de esta Central Sindical se ha tenido conocimiento del proyecto de modificación, por parte de la Administración, de las condiciones de trabajo del personal embarcado en los buques de Operaciones Especiales. A tal efecto se han llevado a cabo reuniones con Capitanes y Jefes de Máquina de dichos buques y existe ya un borrador con tales modificaciones.
Entre otras cuestiones se aborda, en el citado borrador, la suspensión para este personal de las vacaciones anuales y de los días por asuntos particulares.
Desde la CIG vemos con preocupación la pretensión de la AEAT de limitar los derechos de su personal empeorando sustancialmente sus condiciones de trabajo al tiempo que se obvia a la legítima representación sindical y se salta a la torera el vigente Acuerdo Horario para Vigilancia Aduanera.
Por lo expuesto solicitamos la convocatoria de la Mesa Técnica del SVA a la mayor brevedad posible para que se nos aclaren estas oscuras maniobras de la Administración que pueden lesionar gravemente los derechos de los empleados públicos de OO.EE.
Galiza 28/02/18

 

NA DE FENSA DAS PENSIÓNS, DAS DE AGORA E DAS FUTURAS

28 Fev 2018
Email , Categorias: Acción Social,

Milleiros de persoas mobilizáronse en cidades e vilas galegas para defender o sistema público de pensións, que se garanta o seu poder adquisitivo e que as mínimas sexan iguais ao SMI. O colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG denunciou que preto do 60% das pensións en Galiza están por debaixo do SMI e responsabilizou desta situación ás sucesivas reformas de PSOE e PP que tiñan precisamente o obxectivo de provocar o seu empobrecemento para favorecer os plans privados e os bancos que os xestionan. http://cig.gal/nova/xubilados-as-e-pensionistas-da-cig-reclaman-nas-ruas-emprego-salarios-e-pensions-dignas.html

 

INICIATIVAS PARLAMENTARES PARA EVITAR O DESMANTELAMENTO DAS ADMINISTRACIÓNS DA AEAT NA GALIZA

17 Fev 2018
Email , Categorias: Info Xeral,

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) ven de presentar diversas iniciativas no Parlamento galego, Interpelación, Proposición Non de Lei, Pregunta para ser contestada oralmente no Pleno, Pregunta para ser contestada por escrito etc.

O BNG presenta  a seguinte Interpelación , relativa ao mantemento en condicións adecuadas das administracións en Galiza da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) así como dos postos de traballo precisos a tal efecto.

100024926.pdf

e presenta así mesmo unha proposición non de Lei

100024930.pdf

100024927.pdf

PNP.doc

100024931.pdf

 

ACORDO PEIA 2018

14 Fev 2018
Email , Categorias: Produtividade,

Onte asinouse o acordo do PEIA para o 2018. Con máis da metade do documento previamente consensuado e acordado entre a AEAT e as organizacións sindicais CCOO, UGT, CSIF e SIAT, e co precedente dos "Plans Anuais" dos anos anteriores era visto que o acordo estaba ao caer. Así, salvo a modificación dos pagos mensuais de produtividade que están vinculados a facer as horas do PEIA, o resto do documento é un calco do acordo do ano pasado. Desde a CIG seguiremos loitando para que o noso salario non dependa nin dos xefes, nin de facer un maior horario. A posta en marcha das reclasificacións que nos deben e a reactivación do Acordo de Carreira Administrativa ten que ser unha realidade. Achegamos un resume coas cuestións máis salientable do acordo.

Resume_acordo_PEIA_2018.pdf

 

FACENDO MEMORIA

11 Fev 2018
Email , Categorias: Info Xeral,

40 anos das mobilizacións do sindicalismo galego contra os Pactos da Moncloa

As consecuencias sociais e laborais destes acordos foron durísimas. Aprobados no contexto de grave crise económica internacional do capitalismo da década dos setenta e enmarcados na xestión da mesma que deu pé á reacción neoliberal, abriron a porta a un marco laboral máis desregulado, a destrución dun grande número de postos de traballo e a unha perda brutal do poder adquisitivo dos traballadores, ao desligar a suba dos salarios da inflación. Ao tempo, avanzábase no despido libre, permitindo a todas aquelas empresas que aumentaran o xornal por riba de 22% aos seus empregados despedir até un 5% do cadro de persoal total, cuestión que axudou ás altas taxas de desemprego da época. Na mesma orientación, conxelábanse as partidas orzamentarias para combater o desemprego e implementar políticas públicas que posibilitasen a creación dos postos de traballo, a cargar a totalidade dos custos da crise nas clases populares.

“Nihil novum sub sole” Os mesmos sindicatos que naqueles anos traicionaron á clase traballadora seguiron, e seguen hoxe en día, a ser mamporreros do Poder e os que daquela demos batalla na defensa das clases populares seguimos a facelo na actualidade. As relacións Admón.-Sindicatos na AEAT son un claro exemplo de a quen representa e o que defende cadaquén.

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/40-anos-das-mobilizacions-galegas-pactos-da-moncloa/20180126175455065460.html

 

8 DE MARZO, FOLGA DAS MULLERES

07 Fev 2018
Email , Categorias: Acción Social,

A CIG formalizaba este luns no rexistro da Consellaría de Economía, Emprego e Industria a convocatoria da folga de mulleres que terá lugar o 8 de Marzo en Galiza, no marco dunha xornada internacional de paros e mobilizacións para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia.

A folga, que afectará a todas as actividades e centros de traballo de Galiza, tanto das empresas privadas como do sector público, farase efectiva nas franxas horarias comprendidas entre as 00h e ás 02 horas, das 12 a 14 horas e das 19:30 a 21:30 horas; é dicir en paros laborais de dúas horas por quenda de traballo.

http://www.cig.gal/nova/a-cig-formaliza-a-presentacion-da-folga-de-mulleres-do-8-de-marzo.html

 

8 e 10 de Marzo: recuperando os nosos dereitos

07 Fev 2018
Email , Categorias: Acción Social,

Coa ollada posta no 8 de Marzo e no 10 de Marzo, a CIG realizou este martes asembleas de delegadas e delegados en todas as comarcas  para abordar a convocatoria de folga de mulleres, coincidindo co Día Internacional da Muller Traballadora, e as mobilizacións convocadas co gallo do Día da Clase Obreira Galega. Dúas datas senlleiras ás que a CIG quere devolver o seu contido de clase e reivindicativo e nas que efectivizar a campaña pola recuperación dos dereitos e a loita contra a pobreza.

http://www.cig.gal/nova/id-8-e-10-de-marzo-recuperando-os-dereitos-recuperando-a-orixe-obreira-e-reivindicativa-de-ambas-datas.html

 

PEIA 2018

07 Fev 2018
Email , Categorias: Produtividade,

A CIG non asina o PEIA porque supón un paso atrás para o persoal e volver á dinámica da produtividade: depender dos xefes, non poder explicar porque tí cobras menos que o teu compañeiro facendo o mesmo traballo, e seguir coa arbitrariedade de sempre. E por suposto, supoñendo que estés ben de saúde que noutro caso, non vas ver os cartos diante…

Por iso pensamos que como sindicato non podemos defendelo, non cremos que sexa difícil de entender. E moito menos entendemos que se poidan recoller sinaturas para, supostamente, reactivar o acordo de Carreira Administrativa, e logo, por arte de birlibirloque, éstas se utilicen para ter máis PEIA, e dar o aval para que, se antes o PEIA supuña o 5% do noso salario, agora xa esté máis cerca do 20%.

Argumentos_non_descalificacions.pdf