A CIG reclama a revisión do sistema de cálculo das pensións tras constatarse erros que as reducen |
|
08 Jan 2018 |
![]() A CIG vén de reclamar que se revise o sistema de cálculo das pensións tras constarse a presenza de erros que reducen as cantidades a percibir por parte das persoas xubiladas. Dende a central puxeron o caso en coñecemento do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), cuxos responsábeis recoñeceron a existencia de problemas no programa informático utilizado para determinar a contía das prestacións pero non explicaron de que xeito teñen pensado garantir que non se repitan. |