A CIG mobilizarase por un novo marco regulador da enerxía para a industria galega

16 Dez 2017
Email , Categorias: Acción Social, Info Xeral,

O próximo luns, 18 de decembro, a CIG mobilizarase para esixir a derrogación do sistema de poxa eléctrica para industrias grandes consumidoras de enerxía (a coñecida como poxa de asignación da interrompilidade), por ser este un método perverso, opaco e inestábel, que de xeito permanente pon en tea de xuízo a continuidade de importantes fábricas do noso país como Alcoa, Ferroatlántica ou Megasa. Con esta concentración, que terá lugar ás 11:30 horas diante da Delegación do Goberno da Coruña (Praza de Ourense, s/n), quérese demandar a aprobación dunha nova regulación máis xusta e equitativa e a creación dunha tarifa industrial estábel, con variacións predecíbeis, á que se podan acoller as industrias grandes consumidoras, baixo determinadas condicións.

http://www.cig.gal/…/a-cig-mobilizarase-por-un-novo-marco-r…