A CIG mobilizarase por un novo marco regulador da enerxía para a industria galega

16 Dez 2017
Email , Categorias: Acción Social, Info Xeral,

O próximo luns, 18 de decembro, a CIG mobilizarase para esixir a derrogación do sistema de poxa eléctrica para industrias grandes consumidoras de enerxía (a coñecida como poxa de asignación da interrompilidade), por ser este un método perverso, opaco e inestábel, que de xeito permanente pon en tea de xuízo a continuidade de importantes fábricas do noso país como Alcoa, Ferroatlántica ou Megasa. Con esta concentración, que terá lugar ás 11:30 horas diante da Delegación do Goberno da Coruña (Praza de Ourense, s/n), quérese demandar a aprobación dunha nova regulación máis xusta e equitativa e a creación dunha tarifa industrial estábel, con variacións predecíbeis, á que se podan acoller as industrias grandes consumidoras, baixo determinadas condicións.

http://www.cig.gal/…/a-cig-mobilizarase-por-un-novo-marco-r…

 

A CIG rexeita a decisión de EEUU de recoñecer Xerusalén como capital de Israel

12 Dez 2017
Email , Categorias: Acción Social,

A Confederación Intersindical Galega manifesta o seu apoio ao Pobo Palestino e rexeita rotundamente a decisión de Donald Trump de trasladar a Xerusalén a súa embaixada recoñecéndoa así, unilaterlamente, como capital do Estado Israel. Unha nova violación de Dereito Internacional que dificulta a resolución do conflito por vías pacíficas.

http://cig.gal/nova/a-cig-denuncia-que-eeuu-vulnera-o-dereito-internacional-ao-reconecer-xerusalen-como-capital-de-israel.html

 

12 Dez 2017
Email , Categorias: Concursos,

A CIG vén de prsentar sendos escritos ante o Rexional de Aduanas, o JURA e o Adxunto ó Rexional solicitándolle que no próximo Panel para o SVA, que presumiblemente se sacará no primeiro trimestre de 2018, se evalúen adecuadamente as necesidades de persoal de todas as Bases co fin de non volver a cometer os erros de costumbre deixando bases con efectivos escasos, o que provoca traballar con tripulacións mínimas e en moitos casos ter que parar as embarcacións.

Escrito_prazaspanel_SVA.pdf