23 Set 2017
Email , Categorias: Info Xeral,

POSICIÓN CIGÁREA PÚBLICA AO RESPETO DAS PROPOSTAS FEITAS POLO GOBERNO DO ESTADO ESPAÑOL PARA INCLUIR NA LEI DE ORZAMENTOS DO ESTADO PARA 2018 NA MESA XERAL DAS ADMÓNS PÚBLICAS DO 21-09-2017

Unha vez máis , solicitamos o que para nós é imprescindible: derogar moitos dos Reales Decretos- Lei que se nos veñen impoñendo ao persoal das administracións públicas dendo o ano 2010, entre outros: RD-Lei 8/2010, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público; RD-Lei 20/2011, de medidas urxentes en materia orzamentaria e tributaria para a corrección do déficit público, RD-Lei 20/2012, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade e todos aqueles Decretos-Leis e Leis que foron impostos polo goberno español relativos a reformas laborais, reforma negociación colectiva, modificacións das pensións... etc. e proceder a restitución de todos os dereitos laborais e salariais (horarios, pagas extras, salarios, 100% do salario en situación de IT, fondo social...) que lle foron arrebatados ao persoal empregado público desde o ano 2010. Recordamos, unha vez máis, que para nós este ten que ser o punto de partida para falar realmente de unha negociación e poder chegar a acordos coa Administración.

orzamentos_17.pdf