MONCHO REBOIRAS: A LOITA CONTINÚA

12 Ago 2017
Email , Categorias: Acción Social,

42º aniversario do asasinato de Moncho Reboiras.

Na madrugada do 12 de agosto de 1975, máis de 300 axentes dos corpos represivos da ditadura franquista rodeaban o edificio no que se atopaba Moncho Reboiras, na Rúa da Terra en Ferrol. Ao pé do portal, o militante nacionalista era acribillado a tiros.

A contribución de Moncho Reboiras aos primeiros xermes do sindicalismo nacionalista foi fundamental. El coordinou a Fronte Obreira da UPG que, en pouco tempo, daría lugar a que agromaran boletíns e organizacións de base en varias cidades. Destes xermolos xurdiría no ano 1975, o Sindicato Obreiro Galego, iniciando ese longo camiño do sindicalismo hoxe representado pola CIG.

42 anos despois do seu asasinato, a figura de Moncho Reboiras segue a ser o exemplo de compromiso coa liberación nacional e social da Galiza.

http://www.cig.gal/nova/a-cig-e-fundacion-moncho-reboiras-lembraran-cunha-ofrenda-floral-o-42-aniversario-do-asasinato-do-dirixente-nacionalista.html