MESA DE IGUALDADE

26 Abr 2017
Email , Categorias: Info Xeral,

Desde a CIG pensamos que hai moito camiño por percorrer e volvimos a insistir en cuestións que nos parecen importantes e que deberían ser tidas en conta:

- No permiso de enfemidade moi grave de familiar, que agora está concebido como unha redución de xornada, que se introduza a posibilidade de acumular a xornadas completas. -

-Que se introduzan melloras no permiso por conciliación cando os nenos están enfermos.

-Que se leve a cabo dunha vez un protocolo de mobilidade por violencia de xénero dentro da AEAT

- Que se faga unha programación formativa con cursos presenciais.

- En canto ao persoal laboral comentamos que á vista dos datos facilitados está claro que hai un alto porcentaxe de empleo precario ocupado por mulleres, sobre todo no colectivo fixo discontinuo. Cremos importantísimo que se tomen medidas que favorezan a promoción do persoal laboral para disminuir a brecha salarial.

- Solicitamos tamén que se desglose, no total de datos que nos facilitan, información sobre os traballadores de Vixilancia Aduaneira pois vemos que cada vez hai máis mulleres nesa área, copada por homes, e entendemos que pode ser unha información interesante á hora de tomar medidas que promovan a igualdade. A AEAT non se mostrou receptiva a achegarnos esa información. Consideramos interesante e necesario que se promovan medidas que favorezan a incorporación de máis mulleres ao Servizo de Vixilancia Aduaneira.

Mesa_Igualdade.pdf