MESA DE IGUALDADE

26 Abr 2017
Email , Categorias: Info Xeral,

Desde a CIG pensamos que hai moito camiño por percorrer e volvimos a insistir en cuestións que nos parecen importantes e que deberían ser tidas en conta:

- No permiso de enfemidade moi grave de familiar, que agora está concebido como unha redución de xornada, que se introduza a posibilidade de acumular a xornadas completas. -

-Que se introduzan melloras no permiso por conciliación cando os nenos están enfermos.

-Que se leve a cabo dunha vez un protocolo de mobilidade por violencia de xénero dentro da AEAT

- Que se faga unha programación formativa con cursos presenciais.

- En canto ao persoal laboral comentamos que á vista dos datos facilitados está claro que hai un alto porcentaxe de empleo precario ocupado por mulleres, sobre todo no colectivo fixo discontinuo. Cremos importantísimo que se tomen medidas que favorezan a promoción do persoal laboral para disminuir a brecha salarial.

- Solicitamos tamén que se desglose, no total de datos que nos facilitan, información sobre os traballadores de Vixilancia Aduaneira pois vemos que cada vez hai máis mulleres nesa área, copada por homes, e entendemos que pode ser unha información interesante á hora de tomar medidas que promovan a igualdade. A AEAT non se mostrou receptiva a achegarnos esa información. Consideramos interesante e necesario que se promovan medidas que favorezan a incorporación de máis mulleres ao Servizo de Vixilancia Aduaneira.

Mesa_Igualdade.pdf

 

Preparación do segundo exame do Corpo Executivo de Vixilancia Aduaneira.

25 Abr 2017
Email , Categorias: Acción Social,

Enlace coa resolución pola que se aproba o permiso retribuído para a preparación do segundo exame do Corpo Executivo de Vixilancia Aduaneira.

www.agenciatributaria.es/static_files/AEAT/Recursos_Humanos/Contenidos_Privados/Oferta_de_Empleo_Publico/Convocatorias/OEP_2016/Oferta_2016/subgrupoA2/CejSVA/info_desarrollo/PI/R_curso_prep_2CEJSVA.pdf

 

Guia Conciliación persoal Admón do Estado

19 Abr 2017
Email , Categorias: Acción Social,

A Dirección Xeral de Función Pública ven de publicar unha Guia de Conciliación para o persoal da Administración Xeral do Estado. Podedes consultala no seguinte enlace: www.sefp.minhafp.gob.es/web/areas/funcion_publica/Conciliacion.html

 

Convocatorias dos Paneis de mobilidade para Vixilancia Aduaneira (Corpo Executivo e Corpo Superior)

19 Abr 2017
Email , Categorias: Concursos,

O prazo de solicitude remata o 8 de maio de 2017.

convocatoria_panel_2017.pdf

panel_csva_2017.pdf

 

A CIG POLA RECUPERACIÓN DOS DEREITOS

19 Abr 2017
Email , Categorias: Acción Social,

A CIG aproveitará a celebración do Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, para continuar coa súa campaña a prol da recuperación dos dereitos laborais e sociais roubados coa escusa da crise e para reclamar a derrogación das sucesivas reformas antiobreiras. A central conmemorará esta data coa convocatoria de 13 mobilizacións nas principais localidades do país baixo o lema “Recuperar os nosos dereitos, derrotar as reformas”.

http://www.cig.gal/nova/a-campana-pola-recuperacion-de-dereitos-marcara-a-celebracion-do-primeiro-de-maio.html