CAMPAÑA RENDA 2017

14 Mar 2017
Email , Categorias: Acción Social, Info Xeral,

Mesa_Renda.pdf

Á reunión asistiu o Director do Departamento de Xestión Tributaria e, como sucede na primeira xuntanza de cada campaña, expuxéronse unha serie de datos estatísicos relativos ao ano 2016 entre os que destacamos que o ano pasado fixéronse un 10,8% máis de declaracións, houbo un descenso do 10% na utilización do programa PADRE e un incremento do 16% na RENTA WEB. En Galicia participaron na Campaña un total de 335 persoas. En canto ás novidades salientables que nos fixeron chegar para este ano están as seguintes: ‐ Haberá un novo procedemento de rectificación de autiliquidacións, o contribuinte poderá xenerar unha nova declaración importando datos da xa presentada, modificala e presentala de xeito telemático.