MESA DO PEIA 2017: MÁIS DO MESMO

14 Mar 2017
Email , Categorias: Carreira,

Mesa_PEIA_2017.pdf

proposta_peia.pdf

Fomos convocados á segunda reunión para tratar o PEIA 2017. Se xa nos parece insultante que a Administración espere ao mesmo comezo da reunión para entregar unha nova proposta, aínda é peor cando esta non mellora en case nada á que nos entregou o primeiro día. Esta proposta é inaceptable para nós e pensamos tamén que debería ser para os que asinaron o PEIA en anos anteriores: ‐ O número de horas a realizar é de 28 (lembrade que o ano pasado foron 12,¡ estamos a falar de máis do dobre!) ‐ Os pagos a conta seguen inalterables, igual que hai tres anos ‐ Introdúcese un novo tramo de obxetivos pero as garantías retributivas pasarían a ser as mesmas que as do ano pasado en caso de cumprimento máximo. ‐ Non se introduce ningún criterio de proporcionalidade entre grupos (será que non interesa) nin sabemos se as áreas participan todas do mesmo xeito. ‐ Intróducese un parágrafo para referirse ao persoal laboral pero sen garantías de nada (lembrade que o ano pasado estes compañeiros quedaron sen cobrar unha parte do PEIA) ‐ Nin sabemos, coma sempre, nin as cantidades que se van repartir nin o criterio. ‐ E, sobre o que mais nos interesaba, a Carreira Administrativa, a AEAT nin se pronuncia

 

MESA DE CARREIRA ADMINISTRATIVA

14 Mar 2017
Email , Categorias: Acción Social,

Mesa_Carreira_Administrativa.pdf

Nota informativa da Mesa de Carreira Administrativa

 

CAMPAÑA RENDA 2017

14 Mar 2017
Email , Categorias: Acción Social, Info Xeral,

Mesa_Renda.pdf

Á reunión asistiu o Director do Departamento de Xestión Tributaria e, como sucede na primeira xuntanza de cada campaña, expuxéronse unha serie de datos estatísicos relativos ao ano 2016 entre os que destacamos que o ano pasado fixéronse un 10,8% máis de declaracións, houbo un descenso do 10% na utilización do programa PADRE e un incremento do 16% na RENTA WEB. En Galicia participaron na Campaña un total de 335 persoas. En canto ás novidades salientables que nos fixeron chegar para este ano están as seguintes: ‐ Haberá un novo procedemento de rectificación de autiliquidacións, o contribuinte poderá xenerar unha nova declaración importando datos da xa presentada, modificala e presentala de xeito telemático.