A CIG E PALESTINA

17 Mar 2017
Email , Categorias: Acción Social,

A CIG participou nunha misión sindical en Palestina Para valorar a situación da clase traballadora e tomar iniciativas de apoio na defensa dos seus dereitos

http://www.cig.gal/nova/a-cig-participou-nunha-mision-sindical-en-palestina.html

 

REUNIÓN DA COMISIÓN PERMANENTE DE SAÚDE LABORAL

15 Mar 2017
Email , Categorias: Acción Social, Saúde Laboral,

Permanente_Saude_Laboral_17.pdf

ORDE DO DÍA:

-Posta en marcha do procedemento “Prosal 1401”

-Riscos psicosociais

-Rogos e preguntas: Desde a CIG comentamos diversas queixas que nos están chegando sobre os recoñecementos médicos que se están a facer en Norprevención: resultados incorrectos, aspectos importantes comentados polos interesados que non figuran nos resultados, aspectos do recoñecementos que figuran como realizados e, en realidade, non son tal. En fin, isto pasa por deixar en mans privadas algo que ben se podía facer cos medios da Administración.

 

MESA DO PEIA 2017: MÁIS DO MESMO

14 Mar 2017
Email , Categorias: Carreira,

Mesa_PEIA_2017.pdf

proposta_peia.pdf

Fomos convocados á segunda reunión para tratar o PEIA 2017. Se xa nos parece insultante que a Administración espere ao mesmo comezo da reunión para entregar unha nova proposta, aínda é peor cando esta non mellora en case nada á que nos entregou o primeiro día. Esta proposta é inaceptable para nós e pensamos tamén que debería ser para os que asinaron o PEIA en anos anteriores: ‐ O número de horas a realizar é de 28 (lembrade que o ano pasado foron 12,¡ estamos a falar de máis do dobre!) ‐ Os pagos a conta seguen inalterables, igual que hai tres anos ‐ Introdúcese un novo tramo de obxetivos pero as garantías retributivas pasarían a ser as mesmas que as do ano pasado en caso de cumprimento máximo. ‐ Non se introduce ningún criterio de proporcionalidade entre grupos (será que non interesa) nin sabemos se as áreas participan todas do mesmo xeito. ‐ Intróducese un parágrafo para referirse ao persoal laboral pero sen garantías de nada (lembrade que o ano pasado estes compañeiros quedaron sen cobrar unha parte do PEIA) ‐ Nin sabemos, coma sempre, nin as cantidades que se van repartir nin o criterio. ‐ E, sobre o que mais nos interesaba, a Carreira Administrativa, a AEAT nin se pronuncia

 

MESA DE CARREIRA ADMINISTRATIVA

14 Mar 2017
Email , Categorias: Acción Social,

Mesa_Carreira_Administrativa.pdf

Nota informativa da Mesa de Carreira Administrativa

 

CAMPAÑA RENDA 2017

14 Mar 2017
Email , Categorias: Acción Social, Info Xeral,

Mesa_Renda.pdf

Á reunión asistiu o Director do Departamento de Xestión Tributaria e, como sucede na primeira xuntanza de cada campaña, expuxéronse unha serie de datos estatísicos relativos ao ano 2016 entre os que destacamos que o ano pasado fixéronse un 10,8% máis de declaracións, houbo un descenso do 10% na utilización do programa PADRE e un incremento do 16% na RENTA WEB. En Galicia participaron na Campaña un total de 335 persoas. En canto ás novidades salientables que nos fixeron chegar para este ano están as seguintes: ‐ Haberá un novo procedemento de rectificación de autiliquidacións, o contribuinte poderá xenerar unha nova declaración importando datos da xa presentada, modificala e presentala de xeito telemático.