NA DEFENSA DAS PENSIÓNS

25 Jan 2017
Email , Categorias: Clases Pasivas,

A CIG convoca unha manifestación nacional en defensa das pensións “presentes e futuras” o sábado 28 na Alameda de Santiago ás 12.00 horas

Os medios de comunicación repiten, desde hai tempo, que o sistema público de pensións está en perigo e publican análises de expertos que demandan a súa urxente revisión. A carón destas informacións aparecen páxinas completas de publicidade, a toda cor, convidándonos a subscribir plans de pensións privados. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, denuncia que estas mensaxes forman parte dunha campaña de captación de fondos para as entidades financeiras, dispostas a lucrarse aproveitando os enormes recursos dese inmenso nicho de mercado. Por iso chama á mobilización en defensa do actual modelo para garantir non só as pensións presentes, senón tamén as das futuras xeracións.