RESOLUCIÓN SOBRE OPOSICIÓNS AO CORPO SUPERIOR DE V.A.

08 Ago 2016
Email , Categorias: Promoción,

Resolución relativa ao período de preparación para o 4º exercicio da fase da oposición ao Corpo Superior de Vixilancia Aduaneira

RESOLUCION_8_8_16.pdf

 

Nota Informativa da Mesa de Carreira Administrativa

01 Ago 2016
Email , Categorias: Carreira,

Mesa_Carreira_Admtva_promocion_interna.pdf

No día de onte asistimos á xuntanza da Mesa de Carreira Administrativa, para tratar, entre outros aspectos os permisos de promoción interna. Como xa sabedes, ata agora só tiñamos regulado o permiso retribuido dun mes de duración para preparar o segundo exame ao CTH. Neste ano, cando xa se comezou a falar de que o resto dos corpos tiñan que ter dereito tamén a algún permiso para estudar foi cando se concederon dous días para preparar Axentes e 14 días para o acceso ao Corpo Executivo do SVA, medidas transitorias que se melloran neste acordo.

Acordo_Promocion_Interna.pdf

 

CIG-Área Pública pide un plan de choque para recuperar os niveis de emprego público e medidas para rematar coa precarización laboral nas administracións

01 Ago 2016
Email , Categorias: Info Xeral,

. A Área Pública da CIG vén de remitir as súas propostas ante a “futura” lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017, que o goberno en funcións está a utilizar como arma propagandística en plenas negociacións para a formación de goberno. En calquera caso, con independencia da cor do próximo executivo ou de que finalmente se prorroguen os orzamentos deste ano, as demandas da central sindical teñen un obxectivo claro: a recuperación dos servizos públicos de calidade e con carácter universal e a reposición dos dereitos e condicións laborais das traballadoras e traballadores das administracións. >>>MÁIS INFO: http://www.galizacig.gal/avantar/node/60033