XESTIÓN PÚBLICA DO FONDO DE PENSIÓNS DA ADMÓN. XERAL DO ESTADO

13 Mai 2016
Email , Categorias: Acción Social,

Iniciativa a prol dunha xestión pública do Fondo do Plan de Pensións da Administración Xeral do Estado

A normativa española que regula os fondos de pensións, está xerarquicamente sometida ó Dereito da Unión Europea tal e como establece a Directiva 2003/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 3 de xuño de 2003, relativa a actividades de Fondos de Pensións de Emprego. Esta norma permite que unha Administración Pública, como pode ser a Tesourería Xeral da Seguridade Social, chegase a xestionar os fondos privados de pensións, sempre e cando se trate de fondos de modalidade de emprego, como é o caso do Fondo do Plan de Pensións da Administración Xeral do Estado. EFICACIA NA XESTIÓN: A Tesourería da Seguridade Social é un xestor extraordinario e prudente de todo tipo de activos patrimoniais e habituada a xestionas fondos de pensións de capitais custe. GARANTIA PATRIMONIAL: Os grandes grupos financeiros privados son susceptibles de quebra. Para mostra o recentemente acontecido coa crise bancaria que necesitou dun rescate con fondos públicos para evitar a súa quebra, pondo de releve as graves deficiciencias na supervisión financeira, tanto nos casos particulares como en relación co sistema financeiro no seu conxunto. Sendo un Organismo Público o depositario e xestor do fondo, evitaríase a incertidume, e garantiríanse os depósitos. IMPACTO SOBRE INGRESOS PÚBLICOS: Os importes percibidos por comisións da Entidade Xestora e Entidade Depositaria (3.020.467,68 Euros e 604.093,45 Euros respectivamente) pasarían a acrecentar os ingresos patrimoniais da Seguridade Social no caso de que a Tesourería Xeral asumise a xestión e depósito do Fondo do Plan de Pensións. EFECTO CHAMADA: A transmutación da xestión e deposito privados a unha xestión e depósitos público, podería producir un efecto chamada e, en consecuencia, un incremento dos ingresos patrimoniais en cuestión.

fondo_pensions.doc

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Dezembro 2019
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software