BOLETÍN DE SAÚDE LABORAL DA CIG

13 Mai 2016
Email , Categorias: Saúde Laboral,

ANÁLISE - OPINIÓN ESENER-2, A ENQUISA SOBRE OS RISCOS NOVOS E EMERXENTES NAS EMPRESAS EUROPEAS. SÍNTESE GLOBAL DE RESULTADOS Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

Boletin_CIG_Saude_Laboral_19.pdf

 

HORARIO REDUCIDO DE VERÁN POR CONCILIACIÓN FAMILIAR

13 Mai 2016
Email , Categorias: Acción Social,

A Resolución de 25 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado de Administraciones Públicas, amplía o horario reducido de verán (pasaría a ser do 1 de xuño ao 30 de setembro) para todo o persoal que teña fillos, descendentes ou persoas suxeitas a tutela de ata 12 anos de idade. O Departamento de RR.HH acaba de comunicar que vai proceder a dar a alta de xeito automático e sen solicitude previa a todo o persoal que, conforme aos datos dos que dispoña, teña fillos menores de 12 anos.

 

REUNIÓN DA COMISIÓN DE IGUALDADE

13 Mai 2016
Email , Categorias: Info Xeral,

Desde a CIG propuxemos unha serie de medidas ‐ Adaptación do sistema de permisos á casuística do persoal embarcado ou que traballa semanas alternas de Vixilancia Aduaneira ‐ Acumulación dunha bolsa de horas para a conciliación. ‐ Solicitamos que o permiso por conciliación, no caso de ter fillos enfermos, se extenda mais aló do tempo necesario para levar o neno ao médico. ‐ Posta en marcha dunha vez da ampliación do permiso de paternidade ‐ Que se permita a acumulación, en días completos, dos permisos de redución de xornada. ‐ Que se teñan en conta, non só as necesidades do servizo, senón as circunstancias persoais e familiares para a reserva de localidade na promoción ao A2.‐ Que o envellecemento da plantilla da AEAT é preocupante, hai que tomar medidas canto antes. Para nós non é suficient  e unha taxa de reposición do 100%. Máis información no seguinte enlace:

Comision_igualdade.pdf

 

XESTIÓN PÚBLICA DO FONDO DE PENSIÓNS DA ADMÓN. XERAL DO ESTADO

13 Mai 2016
Email , Categorias: Acción Social,

Iniciativa a prol dunha xestión pública do Fondo do Plan de Pensións da Administración Xeral do Estado

A normativa española que regula os fondos de pensións, está xerarquicamente sometida ó Dereito da Unión Europea tal e como establece a Directiva 2003/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 3 de xuño de 2003, relativa a actividades de Fondos de Pensións de Emprego. Esta norma permite que unha Administración Pública, como pode ser a Tesourería Xeral da Seguridade Social, chegase a xestionar os fondos privados de pensións, sempre e cando se trate de fondos de modalidade de emprego, como é o caso do Fondo do Plan de Pensións da Administración Xeral do Estado. EFICACIA NA XESTIÓN: A Tesourería da Seguridade Social é un xestor extraordinario e prudente de todo tipo de activos patrimoniais e habituada a xestionas fondos de pensións de capitais custe. GARANTIA PATRIMONIAL: Os grandes grupos financeiros privados son susceptibles de quebra. Para mostra o recentemente acontecido coa crise bancaria que necesitou dun rescate con fondos públicos para evitar a súa quebra, pondo de releve as graves deficiciencias na supervisión financeira, tanto nos casos particulares como en relación co sistema financeiro no seu conxunto. Sendo un Organismo Público o depositario e xestor do fondo, evitaríase a incertidume, e garantiríanse os depósitos. IMPACTO SOBRE INGRESOS PÚBLICOS: Os importes percibidos por comisións da Entidade Xestora e Entidade Depositaria (3.020.467,68 Euros e 604.093,45 Euros respectivamente) pasarían a acrecentar os ingresos patrimoniais da Seguridade Social no caso de que a Tesourería Xeral asumise a xestión e depósito do Fondo do Plan de Pensións. EFECTO CHAMADA: A transmutación da xestión e deposito privados a unha xestión e depósitos público, podería producir un efecto chamada e, en consecuencia, un incremento dos ingresos patrimoniais en cuestión.

fondo_pensions.doc

 

UNS DIN QUE FAN, OUTROS FACEMOS

09 Mai 2016
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira,

Fai uns días un pseudosindicato con presencia na AEAT e nula relevancia no ámbeto das Administracións Públicas, sacou unha nota informativa presumindo de ser os únicos que se interesan polas titulacións náuticas que afectan aos funcionarios e funcionarias do SVA. Pois ben, a realidade é diferente a como a pinta este sindicato, xa que a CIG leva tempo reclamando o que a eles lles acordou agora, chegan tarde, mal e arrastras.

escrito_MarinaMercante.pdf

Rexional_Aduanas.pdf

SVA_convalidacion_titulo_recreo.pdf

titulacin_recreo_VA.pdf

Como podedes comprobar nos arquivos adxuntos, na CIG levamos anos traballando nestes temas.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Maio 2016
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << < Atual> >>
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software