INICIATIVAS PARLAMENTARIAS

30 Abr 2015
Email , Categorias: Info Xeral,

Proposición non de Lei, presentada polo BNG, relativa a revertir o proceso de privatización e externalización de xestións por parte da AEAT, retomando a xestión pública directa e a atención e asistencia aos contribuíntes.

iniciafacenda.pdf

 

GRAZAS ! MOITAS GRAZAS !

29 Abr 2015
Email , Categorias: Acción Social,

Moitas grazas a todos e todas que participaron con nós nas candidaturas, en especial ao persoal laboral de Vigo.

Moitas grazas a todos os que nos votaron

Moitas grazas a todas as que nos axudaron neste proceso.

GRAZAS A TODAS E TODOS VOS A CIG SEGUE A SER CENTRAL SINDICAL MAIORITARIA ENTRE O PERSOAL DA AEAT NA GALIZA.

CA CIG NA RÚA, A LOITA CONTINÚA !

NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, AVANTE O SINDICALISMO NACIONALISTA E DE CLASE !!!

 

A CIG GAÑA AS ELECCIÓNS SINDICAIS A XUNTAS DE PERSOAL DA AEAT

29 Abr 2015
Email , Categorias: Acción Social,

Na totalidade do persoal funcionario a CIG resultou vencedora en número de votos e en número de delegados/as:

TOTAL GALIZA:

CIG             11 delegadas/os

GHESTA    8

UCESHA     7

CSIF            7

SIAT            6

CCOO         6

UGT            5

FEDECA     2

 

 

RAZÓNS DE SOBRA PARA VOTAR Á CIG

27 Abr 2015
Email , Categorias: Acción Social,

- Porque somos o que vedes, non hai máis: Compañeiros e compañeiras que están ao teu lado día tras día.

- Porque somos nós os que, con moito esforzo pero con ilusión, nos desprazamos a Madrid ás mesas de negociación para logo contarvos, de primeira man, o que alí se fala e se decide.

- Porque somos libres, non debemos favores a ninguén, por iso denunciamos as inxustizas nos medios de comunicación, no xulgado, na rúa ou onde faga falta.

- Porque tratamos de axudar e buscar solucións ás cuestións que nos facedes chegar. -

Porque  vos temos en conta á hora de tomar decisións  -

Porque traballamos a reo desde un principio ata o final. - Porque defendemos a todos, somos sindicato de clase para e polos traballadores.

.A CIG foi a forza sindical que estivo ao lado dos/das empregados/as públicos e porque o voto á CIG é un voto contra os recortes, as privatizacións e contra as agresións aos traballadores públicos. E porque o mellor xeito que tedes para valorar o noso traballo é o voso voto. O 29 DE ABRIL, VOTA POLA CIG!!

 

ELECCIÓNS SINDICAIS NA AEAT

27 Abr 2015
Email , Categorias: Info Xeral,

A Sección Sindical da CIG na Axencia Tributaria leva moitos anos traballando para conseguir mellorar as condicións de traballo do persoal da AEAT.

- Presentamos denuncia na fiscalía de siniestralidade laboral polo elevado número de accidentes de Vixilancia Aduaneira así como as condicions de traballo deste persoal.

. - Levamos ao Congreso, grazas ao Bloque Nacionalista Galego, a situación das Admóns da AEAT, con escasez de persoal e medios, coa imposición da administración electrónica e o sistema de cita previa e tamén a escasez de medios e a situación de V.A. en Galiza -

- Mentres outros calaban, nós non tivemos reparo en denunciar públicamente os excesos dos Xefes que fan cursos en Hoteis-Talaso e cean menús de estrela michelín a costa do contribuínte.

eleccionsaeat.doc