O "PIA" XA NON PÍA |
|
13 Mar 2015 |
![]() 12/03/2015 - PLAN ESPECIAL DE INTENSIFICACIÓN DE ACTUACIONES 2015 Rematou a reunión sen acordo. A Administración cedía no número de horas e comprometíase a convocar a Mesa Técnica de Seguimento do Acordo de Carreira antes da Semana Santa (sen comprometerse a aplicación do Acordo, convocaríase para dicirnos que non era posible a reclasificación ), dixéronnos que impulsarían o acordo da CPVIE para incluir ao persoal laboral e modificar lixeiramente o reparto da parte variable (deixando, por suposto, un marxe para que os inspectores levaran a súa parte, non vai a ser...) Aínda que había algún sindicato disposto a asinar, ao final non hai maioría suficiente para sacar adiante o Plan. Desde a CIG temos ben clara a nosa postura desde o principio: non cedemos á chantaxe. *Reiteramos que o que queremos é a reactivación e aplicación do Acordo de Carreira, que non hai nada que discutir nas mesas, o Acordo de Carreira xa está asinado; o único que ten que facer a AEAT é cumprir o que eles mesmos asinaron no 2007. *Manifestamos que os documentos que distribuíron coas condicións da resolución en caso de non acordo foi unha chantaxe . * Insistimos que a consecución dos obxectivos conséguense cun persoal motivado e co traballo diario sen necesidade de horas extras. *Pedimos aclaración de qué traballos non terán que facer os que non fagan o plan (non hai resposta.... teremos que facer o mesmo traballo que estabamos facendo). *Aclaramos a noticia de Expansión de que nós non asinamos o Plan do ano anterior,e na prensa se dí que todos os sindicatos asinaron cando non é certo. *Pedimos explicacións de porqué se están convocando reunións nos distintos centros de traballo para explicar o Plan se ainda non sabían se se iba ou non a asinar. En resumidas contas, a Admón. responde que non se poden comprometer a aplicación do acordo de Carreira Administrativa e que non perciben que haxa chantaxe por enviar esa información sobre a resolución que aplicarán para o PIA 2015. Esperamos que lles quedara ben clariño que por este camiño van mal. Isto non é o modelo retributivo que queremos para o persoal da Axencia. |