Convocatoria cursos AEAT Saúde Laboral 2015

19 Fev 2015
Email , Categorias: Formación,

Información  sobre os cursos de saúde laboral e prevención de riscos. O prazo para anotarse remata o 4 de marzo. Nos próximos días as distintas unidades de RR.HH terán as solicitudes en papel para aqueles que non poidan acceder á Intranet.

 

Cursos_Saude_Laboral.pdf

 

Plan Especial de Intensificación de Actuacións 2015

19 Fev 2015
Email , Categorias: Produtividade,

Desde a CIG consideramos inasumible poder chegar a un acordo polo seguinte: - Non podemos defender ter que facer horas extras para cobrar a produtividade ordinaria. Entendemos que dándolle continuidade ao Plan estamos a crear unha dinamica moi perigosa que nos levará a consolidar un maior horario no futuro. - Seguen sen querer introducir ningunha cláusula que recolla a necesidade da proporcionalidade retributiva entre os distintos subgrupos. Se o ano pasado tivemos un só un pago variable e pasou o que pasou, imaxinade o que pode suceder habendo dous pagos. A intención é marcar, áinda mais, as diferencias entre os A1 e o resto do persoal da casa.

Plan_Especial_AEAT.pdf

RESUMEProposta_AEAT_PIA.pdf

 

BORRADOR DO PLAN PIE 2015

12 Fev 2015
Email , Categorias: Produtividade,

As principais novidades do plan consisten no seguinte: · Os obxectivos a cumplir están referenciados aos indicadores 3 e 4.1 do Plan de Obxectivos da Axencia. Isto é, serían os obxectivos de recadación por fraude tributario e aduaneiro (indicador 3) e obxectivos de ingresos procedentes de autoliquidacións extemporáneas inducidas (indicador 4.1). · Este ano haberá que traballar 20 horas en lugar das 12 que pedían o ano pasado. - Para cobrar o primeiro pago a conta habería que facer 6 horas “extras” entre marzo e abril (para cobrar o pago a conta de maio) e para o segundo pago a conta (o de outubro) outras 6 horas entre xullo e setembro e ademais ter un incremento horario acumulado de xaneiro a setembro de como mínimo de 16 horas. -Establécense outros requisitos a maiores en canto a incremento horario para cobrar as liquidacións da parte variable.

A nosa valoración do borrador do acordo é negativa. Xa sabedes todos a nosa postura contraria ao acordo do 2014, na que o tempo deunos a razón, e se ainda o empeoran, ¡¡¡apañados imos!!! .

 

Borrador_Plan_PIA_2015.pdf

 

PLAN ESPECIAL DE INTENSIFICACIÓN 2015

12 Fev 2015
Email , Categorias: Produtividade,

Desde a CIG pedimos que non se financien horas extras coas partidas da produtividade ordinaria, que os obxectivos non se cumplen por estar máis horas nos centros de traballo senón por ter xente preparada e motivada. Fomos os únicos en solicitar a información sobre a contía da partidas económica que teñen pensado adicar a este novo plan, cuestión na que a AEAT non quixo nin entrar (porque non interesará que se saiba). Cremos que se debe negociar o reparto de toda a produtividade, con criterios obxectivos e coñecidos por todos, coñecendo previamente os importes a repartir, e que o reparto debe ter unha proporcionalidade entre todos os traballadores.

Plan_Especial.pdf

 

PENSIÓNS CLASES PASIVAS

06 Fev 2015
Email , Categorias: Info Xeral,

Nota informativa das pensións de clases pasivas para este ano.

 

PensiOns_Clases_Pasivas.pdf

 

NOVIDADES CLASES PASIVAS

06 Fev 2015
Email , Categorias: Info Xeral,

Nota informativa da "bonificación" na pensión de xubilación no caso de prolongación da actividade laboral máis aló dos 65 anos.

 

Novidades_CLASESPASIVAS.pdf

 

INFORMACIÓN PROCESOS SELECTIVOS AEAT ( AXENTES E CTH)

04 Fev 2015
Email , Categorias: Promoción,

Na páxina da AEAT aparece a información para solicitar o permiso retribuido dun mes para preparar o segundo exame da oposición do Corpo Técnico. Hai un prazo de 10 días para pedilo.

Convocatoria_permiso_curso_CTH.pdf

No BOE de hoxe tamén hai información da relación de admitidos e excluidos e datas de exame das oposicións de Axentes, tanto de promoción interna coma de libre.

http://www.boe.es/boe/dias/2015/02/04/pdfs/BOE-A-2015-1025.pdf

 

CURSOS INAP

03 Fev 2015
Email , Categorias: Acción Social,

Aviso da intranet sobre as actividades formativas do INAP.

http://www.boe.es/boe/dias/2015/01/23/pdfs/BOE-A-2015-580.pdf

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS DE PROTECCIÓN SOCIOSANITARIA DE MUFACE

03 Fev 2015
Email , Categorias: Acción Social,

Achegamos enlace á resolución coa convocatoria das axudas de Muface relativas á protección sociosanitaria ( axudas para facilitar a autonomía persoal, axudas para gastos de procesos psiquiátricos, terapias dirixidas a persoas drogodependentes, permanencia en centros de día, compra de alimentos para celíacos, axudas para enfermos oncolóxicos, etc.)

http://www.boe.es/boe/dias/2015/02/03/pdfs/BOE-A-2015-985.pdf