PLAN DE ACCIÓN SOCIAL 2015

30 Jan 2015
Email , Categorias: Acción Social,

Hoxe comezamos a negociación para o Plan de Acción Social deste ano. As cousas comezaron mal, pois a Administración non pensa moverse nin un milímetro do presupuestado nos orzamentos do estado, polo que volvemos ter os mesmos cartos que o ano pasado (2.330.700 euros). Desde a CIG expuxémoslle claramente que se é así, que non conten con nós. Ben vimos que para a posta en marcha do Plan Especial de Actuacións deulles igual os cartos presupostados e fixeron o que lles petou, repartindo cartos a mansalva entre os A1 e persoal de libre designación, mentres que aos grupos baixos desta casa teñen que facer malabarismos para cobrar 30 euros para unha axuda de saúde.

Accion_Social_15.pdf