FORMACIÓN CONTINUA 2015

30 Jan 2015
Email , Categorias: Formación,

Desde a CIG solicitamos que se incrementen os cursos de carácter presencial, pois agora xa parece institucionalizado que todos se teñan que facer pola vía e-learning. En concreto, parécenos importante que sexan presenciais os cursos de manexo de ferramentas ofimáticas (Word, Excel, etc) pois o manexo práctico é moi importante e isto é moi difícil aprendelo nos cursos a distancia. A mesma opinión temos nos cursos de fomento da cualificación profesional. Por outro lado, ao respecto dos cursos de inglés, que teñen moi boa valoración, comentamos que os últimos niveis que se introduciron neste ano son demasiado técnicos (inglés de negocios e comercial) e ademais, non hai manuais. A ese nivel, consideramos que a AEAT debería facer outra oferta, como cursos de tipo presencial, encamiñada a conseguir algún tipo de certificación oficial ( o TOIEC, acceso aos exames de Cambridge..algo así). Aínda que non tocaba, pois non corresponde a formación continua, comentamos que non se pode xustificar de ningún xeito que os cursos para directivos incluidos no plan de formación da AEAT se impartan en sitios “pouco adecuados” (en hoteis de luxo con spa, por poñer un exemplo); iso non é de recibo.

Formacion_Continua_15.doc

Proposta_Formacion_2015.pdf

 

PLAN DE ACCIÓN SOCIAL 2015

30 Jan 2015
Email , Categorias: Acción Social,

Hoxe comezamos a negociación para o Plan de Acción Social deste ano. As cousas comezaron mal, pois a Administración non pensa moverse nin un milímetro do presupuestado nos orzamentos do estado, polo que volvemos ter os mesmos cartos que o ano pasado (2.330.700 euros). Desde a CIG expuxémoslle claramente que se é así, que non conten con nós. Ben vimos que para a posta en marcha do Plan Especial de Actuacións deulles igual os cartos presupostados e fixeron o que lles petou, repartindo cartos a mansalva entre os A1 e persoal de libre designación, mentres que aos grupos baixos desta casa teñen que facer malabarismos para cobrar 30 euros para unha axuda de saúde.

Accion_Social_15.pdf

 

O FRAUDE DO PLAN ANTIFRAUDE

30 Jan 2015
Email , Categorias: Info Xeral,

Como xa adiantabamos no seu momento, no plan antifraude estaba o fraude.Fraude aos traballadores desta casa porque non esquezamos que a produtividade que nos ofrecían era por aumentar o tempo de traballo  Fraude tamén porque os criterios para o reparto da produtividade variable quedaban no limbo Así pois vimos como os A1 foron os realmente beneficiados polo traballo dos demais. Moitos de nós quedamos coa boca aberta ao ver as contías, indecentes, que cobraron algúns, que non se xustifican de ningún xeito. Iso xa imaxinábamos que ía suceder, pero agora xa temos a certeza que o enorme interese da AEAT para que todos asináramos era para darles aos A1 o seu “premio”, a costa de que o resto levara as migallas.

Plan_Antifraude.pdf

 

PANEL CORPOS XERAIS

26 Jan 2015
Email , Categorias: Concursos,

Aviso para os funcionarios dos subgrupos C1 e C2 que participaron na oferta de mobilidade 2014p03 publicada en xullo de 2014

Avisopanel_Corposxerais.pdf

 

PETICIÓN DE ACLARACIÓNS SOBRE ORZAMENTOS 2015

20 Jan 2015
Email , Categorias: Info Xeral,

Escrito solicitando as explicacións sobre os incrementos en determinadas partidas económicas dos presupostos da AEAT

Aclaracionspresupostos.pdf

 

DEVOLUCIÓN DA PAGA EXTRA

20 Jan 2015
Email , Categorias: Info Xeral,

Documento de Función Pública relativo a consultas e respostas sobre a inclusión de parte da paga extra do ano 2012 na nómina de xaneiro.

Devolucion_paga_extra.pdf