CARTA DA CIG-AEAT AO MINISTRO MONTORO

31 Out 2014
Email , Categorias: Info Xeral,

É realmente inconcebibel nos tempos que corren facer un alarde de dilapidar cartos públicos como o están a facer o Director da AEAT e demáis altos cargos da Axencia. Para o Povo recortes e máis recortes, para as élites luxo e derroche. E despois din algúns que o da loita de clases é cousa do pasado.

CartaMontoro.doc

 

OPOSICIÓNS AO CORPO TÉCNICO CONVOCADAS NO B.O.E

30 Out 2014
Email , Categorias: Acción Social,

No día de hoxe publicouse no BOE a convocatoria da oposición do Corpo Técnico de Facenda, tanto de interna coma de libre, correspondente á Oferta de Emprego Público do ano 2014.

http://www.boe.es/boe/dias/2014/10/30/pdfs/BOE-A-2014-11087.pdf

 

ALGUÉN NA ADMÓN. DA AEAT EN SANTIAGO SUFRE DE GALEGOFOBIA

30 Out 2014
Email , Categorias: Acción Social,

A Mesa pola Normalización Lingüística solicita da AEAT que lle remita unha notificación en galego, un dereito que aos galegos e galegas nos corresponde por Lei, e a resposta da Administración non foi outra que multar con 150€ á Mesa  por resistencia e obstrucción ás actuacións da Admón. Tributaria.

Dende a CIG-AEAT esiximos dos responsables da AEAT na Galiza que cursen as instruccións oportunas para que cesen os ataques ao noso idioma e calqueira cidadán ou cidadá do noso País poda relacionarse coa AEAT na lingua propia da Galiza

. http://www.carloscallon.com/2014/10/detenamos-represion-contra-nosa-lingua.html?spref=tw

 

PUBLICACIÓN DO CALENDARIO LABORAL 2015

28 Out 2014
Email , Categorias: Acción Social,
 

BOLETÍN CIG-SAÚDE LABORAL.

23 Out 2014
Email , Categorias: Saúde Laboral,

O novo Proxecto de Lei de Mutuas e o R.D. 625/2014 de Xestión da Incapacidade Temporal, un novo ataque á clase traballadora

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 11, publicación en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG.

BoletinCIGSaudeLaboralN11.pdf

 

PETICIÓN DE REACTIVACIÓN DA CARREIRA ADMINISTRATIVA

17 Out 2014
Email , Categorias: Acción Social, Carreira,

Dende a CIG consideramos indignante que mentras á maioría do persoal se lle paraliza a carreira adva. despois de sufrir todo tipo de conxelacións e recortes salariais e de dereitos, ao que máis gañan solucionáselle a carreira cun concurso feito á medida que ademáis permite a promoción, non como ao resto do persoal, e se lle adxudican uns específicos de verdadeiro escándalo

PETICION_CARREIRA.pdf

 

O BNG INTERÉSASE POLO FUTURO DO SVA

17 Out 2014
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira,

Despois da reunión entre a CIG-AEAT e o Bloque Nacionalista Galego ésta organización política presentou unha serie de preguntas no Congreso dos Deputados para que o Goberno aclare dunha vez que ten pensado facer con Vixiancia Aduaneira

Pregunta_Congres_futuro_SVA.pdf

 

MESA CARREIRA ADMINISTRATIVA

17 Out 2014
Email , Categorias: Carreira,

Nos pasados días tivemos xuntanza en Madrid da Mesa de Seguimento do Acordo de Carreira Administrativa. Nesta reunión, a AEAT segue na súa liña de non dar ningunha opción para que se leven a cabo as reclasificacións que están pendentes de realizarse desde o fin do período transitorio do Acordo. A argumentación é a de sempre: limitacións presupuestarias.

mesa_carreira.doc

 

CONVALIDACIÓN DO TÍTULO DE EMBARCACIÓNS DE RECREO PARA PERSOAL DE V.A

14 Out 2014
Email , Categorias: Info Xeral,

O pasado 11 de outubro, publicouse no BOE o regulamento para obter e convalidar as distintas titulacións naúticas. Estade ben atentos aos prazos para obter as distintas convalidacións dos títulos correspondentes.
Achégovos o enlace:

http://www.boe.es/boe/dias/2014/10/11/pdfs/BOE-A-2014-10344.pdf

 

SEGUE A NEGOCIACIÓN DO SISTEMA DE MOBILIDADE POR PANEL

09 Out 2014
Email , Categorias: Acción Social, Concursos,

Desde a CIG insistimos nas nosas peticións: -

Compromiso de convocatoria de concursos todos os anos e en todas as áreas. -Que non se penalice pola mobilidade a ningún dos adxudicatarios, teña o tramo de carreira que teña. - Posibilidade de participación de todos, incluidos aqueles que leven menos de 18 meses no posto. - Que se valore, coa ponderación necesaria, a antigüedade en todos os subgrupos, corpos e escalas. - Bases claras e obxectivas.

 

sistemamobilidade.doc

 

PARA A ÉLITE SI HAI CARTOS

05 Out 2014
Email , Categorias: Acción Social, Concursos,

É a política de Montoro e o seu Partido , darlle máis a quen máis ten a costa de sacarlle a quen menos ten.

concurso_inspectores.pdf