Convocatoria Acción Social 2013

30 Mai 2013
Email , Categorias: Acción Social,

Xa está na Intranet a convocatoria.

Attachments:

 

SUBVENCIÓNS Á PRENSA

29 Mai 2013
Email , Categorias: Info Xeral,

En menos dunha semana a Xunta anuncia preto de 2.300.000€ para comprar o favor dos medios de comunicación

Axustar o déficit, controlar o gasto, austeridade... pero á hora de ter de man os medios de comunicación aparecen as partidas orzamentarias e referencias normativas que sexan necesarias.

Subvención aos medios de comunicación da Secretaría Xeral de Medios

No DOG do 22/05/2013 publícase a polémica convocatoria de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e medios de radiodifusión radicados en Galiza para o ano 2013. Desta volta o financiamento total ascende a 1.550.000€.

Os gastos públicos en medios de comunicación xa son polémicos de por si. Porén, tórnanse máis polémicos no momento actual ao ser considerado como un gasto totalmente prescindible fronte ao mantemento dos servizos públicos. Iso por non falar de que o que se está facendo é fomentar o "status quo" do actual escenario informativo, no que os grandes grupos volverán a arrasar levándose cartos das arcas públicas; algún dos cales é xa de sobra coñecido pola súa teima nos ataques á dignidade do colectivo das traballadoras e traballadores públicos e a súa desaforada defensa das políticas da Xunta de Galiza.

Ao marxe das axudas que se establecen a través desta resolución, hai que ter en conta a cantidade de diñeiro de difícil control e seguimento que supón a publicidade institucional que contratan as diferentes consellarías: anuncios e campañas que teñen pouco de informativas e moito de botarse flores sobre as políticas desenvoltas. Ao anterior hai que engadirlle os mal chamados "convenios de colaboración" nos que os medios cos que se realizan reciben máis cartos a cambio de máis publicidade.

Máis convenios coa prensa nas diferentes consellerías

Desta volta tócalle a Medio Rural e Mar, se ben vai pouco denunciabamos os de Industria. Son un total de 739.000 € e o gasto desagregado por destinatario é o seguinte: 149.000 € para La Voz de Galicia, S.A., 149.000 € para El Faro de Vigo, S.A., 149.000 € para Editorial Compostela, S.A., 100.000€ para El Progreso de Lugo, S.L., 100.000€ para Medios Digitales de Galicia, S.A.U., 50.000€ La Opinión de A Coruña, S.L. , 30.000€ para o Grupo Lérez Ediciones, S.L. e 10.000 € para Rías Baixas Comunicación, S.A.

No DOG do 27/05/2013 a consellaría fai publica a listaxe de todos os convenios subscritos no segundo e terceiro cuatrimestre do ano pasado. A maiores do atraso na publicidade destes convenios, atópase a imposibilidade para a súa consulta detallada, algo que torpedea a transparencia na xestión de cartos públicos. A novidade de Medio Rural nestes convenios con entidades de comunicación para “promover campañas informativas de publicidade e comunicación institucional”, é a referencia explícita á autorización lexislativa da Lei 29/2005, do 29 de decembro, de publicidade e comunicación institucional. Porén, porque algo sexa legal, e máis nunha época de recortes brutais ás clases máis desfavorecidas, non ten porque ser xusto ou mesmo moral.

Falsa austeridade

Dentro do actual panorama económico, e particularmente dentro da Administración galega, ás empregadas e empregados públicos, como a meirande parte da cidadanía, resúltalle incomprensíbel que se recorte en servizos públicos esenciais e nos seus propios dereitos para manter outros gastos superflúos como a subvención ou os convenios cos medios privados.

Debemos continuar denunciando estes casos de falsa austeridade onde comprobamos que si hai cartos para o que se quere. Canto máis tendo en conta a finalidade de autopromoción deste gasto e que non está exento de sospeita sobre o condicionamento da realidade que publican os medios conveniados ou subvencionados. Non podemos consentir que parte dos esforzos que nos piden vaian destinados a esta finalidade que a sociedade entende perfectamente prescindible fronte ao mantemento dos servizos públicos.

A maiores atoparíamonos  cun acto saludábel na liberdade de prensa e na contribución a facer do xornalismo non noso país unha ferramenta para a información obxectiva e veraz, non sometida a presióńs políticas que compran portadas cos cartos (e os recortes) de todas e todos.

 

Cursos contabilidade Plan de Formación Continua 2013

27 Mai 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Na Intranet tedes á vosa disposición a convocatoria dos cursos de contabilidade incluidos no Plan de Formación Continua para o 2013. O prazo de presentación das solicitudes remata o 11 de xuño.

 

Comisión de Igualdade (Reunión de 23 de maio de 2013)

24 Mai 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Nota informativa da xuntanza da Comisión de Igualdade de onte.

 

Información exames CTH, Axentes Facenda Pública e Especialidade Tributaria

24 Mai 2013

No BOE de deia 24 de maio xa tedes a información relativa ás  listas de admitidos e excluídos, así como a data de celebración dos seguintes exames:

- Axentes Facenda Pública (libre e interna), Oferta Emprego Público ano 2012
- Corpo Técnico de Facenda (libre e interna), Oferta Emprego Público ano 2012
- Obtención das especialidades tributarias

 

Información previsión concursos

23 Mai 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Segundo Recursos Humanos de Madrid, a previsión que se manexa para publicar os concursos é a seguinte:

- Primeira quincena de xuño: concurso C1 e C2 (corpos Xerais), sairán sobre unhas 150 vagas.
- Segunda quincena de xullo: concurso Axentes Tributarios, sobre 70-100 vagas.

Da CIG apresentaremos unha queixa pois parece ser que, en principio, non está previsto que saia convocada ningunha vaga para a Galiza nestes concursos. Non podemos entender como sendo unha das Delegacións Especiais en que se producen máis xubilacións non sexan convocadas vagas suficientes para que poda haber, no mínimo, un revezamento xeracional.

 

Exames especialidade tributaria

20 Mai 2013

A seguir disponibilizamos a info colocada pola AEAT sobre as datas e lugares de exame para a obtención da especialidade tributaria.

 

Acordo Plano Acción Social 2013

15 Mai 2013

A seguir disponibilizamos para descarregar Acordo Plano Social 2013.

 

Mesa de Saúde Laboral (reunión de 9 de maio de 2013)

10 Mai 2013

A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión da Mesa de Saúde Laboral que tivo lugar onte.xuntanza n

 

Plan Acción Social 2013

10 Mai 2013

Aínda que pareza incríbel, xa temos "Plan de Accion Social" para 2013.

A seguir disponibilizamos nota informativo do asunto.

 

Privatización servizos Seguranza Social

10 Mai 2013

No Consello de Ministros do pasado 26 de abril foi autorizado un concurso (por un montante de 70 millóns de Euros) para adxudicar a consultoras tecnolóxicas a xestión da rede de Afiliación, Prestacións, Vidas Laborais ou Pensións do sistema da Seguranza Social.

Mais un paso no proceso de externalización (privatización) dos servizos públicos, en consonancia con as políticas neoliberais apalicadas polo Goberno do PP, que pasan por desacreditar o traballo dos empregados públicos con a finalidade de transladar a xestión pública para negocio das empresas privadas.

A seguir disponibilizamos arquivos con a información do consello de ministros e das notas publicadas na imprensa a respeito.

 

Cursos subsidiados - Convocatoria 2013 (administración pública e pesoas desempregadas)

08 Mai 2013

Clicar na imaxen para ampliar info

 

Reunión con o Delegado Especial: Campaña Renda 2012

08 Mai 2013

A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión de onten con o Delegado Especial en que nos apresentou a Campaña da Renda deste ano.