Devolución das cotizacións Clases Pasivas (ordenado abril)

24 Fev 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

A seguir disponibilizamos comunicado de imprensa do Ministerio de Facenda anunciando a devolución para o pesoal encadrado no réxime de Clases Pasivas dos montantes das cotizacións realizadas indebidamente no mes de decembro pasado.

Lembrai que, a pesar de non cobrarmos o pagamento extra sin foron descontadas do ordenado as cotizacións correspondentes a ese pagamento. As cantidades a percebermos, detalladas por subgrupo en que esté encadrado o servidor/a pública/o, serán as que indicamos na tabela de abaixo e serán pagas no ordenado de abril.

COTIZACIÓNS MENSAIS 2012

SUBGRUPO

DIREITOS PASIVOS

MUFACE OU MUTUALIDADES

TOTAL a perceber

(ordenado abril)

A1

107,96 €

47,27€

155,23€

A2

84,97€

37,20€

122,17€

B

74,40€

32,58€

106,98€

C1

65,26€

28,57€

93,83€

C2

51,63€

22,60€

74,23€

E

44,02€

19,27€

63,29€


 

Publicacións adxudicacións concurso Corpo Técnico Facenda

24 Fev 2013

A seguir disponibilizamos ligazón para a resolución coa adxudicación dos postos do concurso 2012A02 (Corpo Técnico de Facenda) que foi publicada no BOE de onte.

 

Convocatorias cursos INAP 2013

18 Fev 2013

A seguir disponilizamos ligazóns para as resolucións sobre as convocatorias de cursos do Instituto Nacional de Admón Pública para o 2013 que foron publicadas no BOE de hoxe:

 

Mesa de Acción Social (reunión de 13 de febereiro de 2013)

13 Fev 2013

A seguir disponibilizamos nota informativa da Mesa de Acción Social de onte:

 

Info atualizada concurso Corpo Técnico Facenda (2012 A 02)

13 Fev 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Onte ficou concluído o concurso do Corpo Técnico de Facenda (2012 A 02). A AEAT informounos do seguinte:

- Teñen previsto disponibilizar a relación de adxudicatarios na Intranet corporativa.

- A resolución será publicada no BOE a finais de febereiro (dentro de 10-15 días).

- Está prevista a convocatoria dun "painel" para o Corpo Técnico antes de seren ofertadas as vagas á nova promoción de Técnicos que está pendente de tomar pose.

Temos os listados provisorios, actualizado a día de onte, correspondente ás vagas da Galiza. Se precisardes consultar o listado, contatai connosco.

 

Mesa Campaña de Renda (reunión de 5 de febereiro de 2013)

06 Fev 2013

A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión da Mesa de Campaña de Renda que tivo lugar onte.

 

Mesa de Funcionarios (reunión de 4 de febereiro de 2013)

05 Fev 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

A seguir disponibilizamos nota informativa co resumo do tratado na mesa de funcionarios da AGE celebrada nos pasados días en Función Pública.

 

Resolución compensacion día adicional (12 outubro)

02 Fev 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

A seguir disponibilizamos a resolución da Secretaría de Estado a respeito do día a mais por compensación do sábado 12 de outubro, conforme o novo calendario laboral: