Información concurso Corpo Técnico Facenda (2012 A 02)

31 Jan 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Temos disponíbeis os listados coas puntuacións provisorias das vagas convocadas na Galiza. Se quixerdes consultalos ou se precisardes dados dalgunha outra vaga contatai connosco

Hoxe foi constituida formalmente a Comisión de Valoración do concurso cos seguintes temas a destacar:

- Prazo de Renuncias: até as 24 horas do dia 7 de febereiro. Poden ser feitas renuncias por vía telematica tanto totais como parciais.

- Foron apresentadas 1.583 peticións. Foron solicitadas un total de 27 localidades. Uns 34% solicitan Xestión, uns 26% Inspección e Recadación e os restantes 13% Aduanas.

- Foi aprobado o Plano Concilia de forma unilateral pola AEAT tal e como vos informamos no dia de onten.

Da CIG esperamos que sexa conseguida a mobilidade entre as provincias e que a AEAT respeite a carreira administrativa dos concursantes, evitando a baixada de tramo, tamén esperamos que sexan baixadas as pontuacións mínimas para non ficaren vagas sen ocupar.

Está previsto que o concurso sexa resolvido por volta do dia 12 de febereiro para poder ser publicado no BOE antes do fin dese mes.

 

Mesa de Formación Continua (reunión de 29 de xaneiro de 2013)

30 Jan 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión da Mesa de Formación Continua:

 

Concurso CTH (2012 A 02)

29 Jan 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Tal e como vos informábamos nos pasados días, amañá, cuarta feira, será a constitiución da Comisión de Valoración do concurso do Corpo Técnico de Facenda, onde serán tratados os criterios para a aplicación da pontuación relativa á conciliación familiar.

A seguir disponibilizamos o rascuño con a proposta da Administración:

 

Información novidades Orzamentos Xerais do Estado 2013

22 Jan 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

A seguir disponibilizamos nota informativa do Departamento de Recursos Humanos da AEAT relativa ás principais novidades recollidas nos Orzamentos Xerais do Estado para 2013.

 

Información concursos ( Auxiliares, Administrativos e Corpo Técnico de Facenda)

22 Jan 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Corpos Xerais (Auxiliares e Administrativos):

Segundo nos informan de Recursos Humanos, nos próximos días teredes na Intranet o cuestionario de mobilidade para C2 e C1 (Corpos Xerais). Todas aquelas pesoas que estiveren interesadas deben preencher o cuestionario e asinalar as súas preferencias de mobilidade, todo isto con vistas aos concursos que serán publicados en breve.

Corpo Técnico de Facenda:

Tamén vos informamos que para a próxima semana (probabelmente na próxima terza feira, día 29 de xaneiro), terá lugar a constitución da Comisión de Valoración do concurso do CTH (publicado no BOE de 4/12/2012).

 

Mesa de formación (reunión de 17 de xaneiro de 2013)

18 Jan 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión da Mesa de Formación Continua que tivo lugar onte.

 

Convocatorias Cursos de galego (CELGAs)

18 Jan 2013

Se estiveres interesado en te inscreveres nalgún curso preparatorio de CELGAs (cursos de galego), tens até 25 de xaneiro (ver arquivo xunto). Tamén disponibilizamos as convocatorias das probas para a obtención dos certificados de CELGAs.

 

Entra en vigor a normativa que atrasa a idade de xubilación aos 67 anos

03 Jan 2013

O Goberno español do PP desenvolve a reforma das pensións tramitada polo PSOE en 2011 co apoio de CCOO e UGT

Avantar - O Goberno español do PP aproveitou o último Consello de Ministros do ano 2011, celebrado o pasado 28 de decembro, para aprobar o desenvolvemento da reforma das pensións tramitada polo PSOE que eleva a idade de xubilación até os 67 anos. A nova normativa establece un período de transición no que se incrementará de xeito progresivo até 2027 e fixa o cómputo para o acceso ao cobro da prestación en 25 anos.

Full story »