Publicado no BOE: Instrución xornada e horarios/ausencias por doenza sen IL

31 Dez 2012

No passado sábado, 29 de decembro, foi publicada no BOE a instrución que regulamenta a xornada e horarios na Administración Xeral do Estado así como a relativa ás ausencias por doenza e acidente sen baixa médica. A seguir disponibilizamos info a respeito.

 

Oferta emprego público 2012 (publicación no BOE)

31 Dez 2012

A seguir disponibilizamos nota informativa e arquivo coa publicación no BOE da Oferta de emprego público do ano 2012.

 

Información Resolución Xornada e Horarios

27 Dez 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Onte, 26 de decembro, ás 18.00 horas, houbo reunión da Mesa Xeral de Negociación da Administración Xeral do Estado, para tratar sobre o conteúdo do rascuño da Resolución de Xornada e Horarios así como da Orde Ministerial que regulará os descontos nos días de ausencia xustificados sen parte de baixa médica.

A respeito da Resolución de Xornada e Horarios, informar que, sobre o rascuño de resolución disbribuido no día de onte (enviado pola función pública o 24 de decembro a mediodía), por parte de Administración, foron propostas algúnhas modificacións que se concretan en:

Full story »

 

Devolución de cotizacións

26 Dez 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

O Ministério da Facenda e das Administracións Públicas español retificou e anunciou que restituirá de aqui a tres meses as cotizacións do pagamento extra de decembro descontadas dos servidores públicos. O Ministério lamenta "o impato negativo que a falta de adecuación da cota por direitos pasivos e contribuicióes a mutualidades polo pagamento extra de decembro pudo ter no coletivo dos servidores públicos".

Neste sentido, aponta que ao longo do primeiro trimestre do ano que vem "corrigirá este efeito" restituindo aos servidores públicos un custo equivalente às cotizacións do pagamento extraordinario que se tiña descontado do ordenado deste mes de decembro.

 

Rascuño Instrución Xornadas e Horarios

24 Dez 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

A seguir disponibilizamos o documento rascuño de resolución de xornada e horarios enviado pola función pública no dia 24 de decembro e que será submetido a aprobación na mesa xeral do Estado que se reunirá na tarde do dia 26 ás 18.00 horas.

Dunha leitura rápida do documento, e comparándoo coa Resolución de 2005 vixente, podemos destacar as seguintes cuestións: incremento

- Incorpora os cortes nas ferias e días de asuntos propios previstos no Real Decreto Lei 20/2012.

- Contempla un incremento da xornada de traballo anual de 1647 para 1664 horas.

- Restrinxe a flexibilidade canto ao direito de desfrute de permisons e ferias, ben como na distribuición dos horarios, supeditando estes ás necesidades do servizo ben como aos horarios de abertura e peche que por cada Organismo se determinar.

- Condiciona o exercicio do direito das medidas de conciliación ás necesidades do servizo.

- Inclui a redución de haberes para aqueles días de ausencia xustificada sen baixa médica.

- Amplia o conteúdo canto a controlo e seguimento do cumprimento horario.


Calquer comentario ou indicación que desexardes facer a respeito do conteúdo do rascuño podeis facelo escrevendo para cigaeat[@]gmail.com.

 

O persoal das administracións públicas mobilízase este xoves pola retirada da paga extra e na defensa dos dereitos laborais

19 Dez 2012

As mobilizacións están convocadas polas distintas Xuntas de Persoal e os comités de empresa

O persoal das administracións públicas está chamado a mobilizarse, este xoves día 20 de decembro, para denunciar a retirada da paga extraordinaria e na defensa dos dereitos laborais e dos servizos públicos, tal e como veñen facendo nos últimos meses. As concentracións e actos previstos están convocados polas Xuntas de Persoal e os comités de empresa.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Reunión da Mesa Xeral Administración do Estado (17 de decembro de 2012)

18 Dez 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

A seguir disponibilizamos nota informativa da Mesa Xeral do Estado de onte, onde se tratou unha nova resolución de xornada e horarios para toda a Administración Pública. No segundo arquivo, vai o "rascuño" que sobre este asunto xa fora filtrado no pasado mes de xullo.

 

Reunión da Mesa de Acción Social (13 de decembro de 2012)

14 Dez 2012

A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión da Mesa de Acción Social de onten, 13 de decembro de 2012:

 

Oferta de Emprego Público 2012

14 Dez 2012

Infórmanos de que en aplicación das restricións previstas na Lei de Orzamentos para o ano 2012, a taxa de reposición será do 0%; faise excepción daqueles corpos ou escalas que teñan competencias en materia de loita contra o fraude fiscal ou laboral e persoal investigador, para estes a taxa de reposición será do 10%, e que o total de baixas no ámbito da Administración do Estado foi de 6.500 efectivos.

Full story »

 

Reunión da Comisión Permanente de Saúde Laboral (04 de decembro de 2012)

05 Dez 2012

A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión da Comisión Permanente de Saúde Laboral en Madrid que teve lugar onten, 4 de decembro de 2012.

 

Publicación concurso Corpo Técnico Facenda

04 Dez 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

No BOE de hoxe sai publicado un concurso para o CTH.

Convocan tres vagas na Coruña (nº de orde: 31, 32 e 33) e como "resultas" catro máis tamén na Coruña (nº de orde: 109 a 112).