Continúan as concentracións do persoal da administración contra os recortes e para reclamar a paga extra

30 Nov 2012

Na semana do 20 de decembro farase efectivo o “secuestro” dunha parte do seu salario

O persoal da administración retomou as mobilizacións cun novo calendario de concentracións todos os xoves, que xa alcumaron como “negros”, que vai até o 20 de decembro, semana na que se fará efectivo o “secuestro” da paga extra. Neste momento, está en distintas fases de aplicación, nas distintas administracións, o decreto.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

As máis de 500.000 persoas que saíron hoxe ás rúas das principais vilas e cidades galegas ratificaron o éxito do 14-N

14 Nov 2012



Os sindicatos CIG, CCOO e UGT cualifican de "día histórico" a xornada, xa que o paro foi secundado por un 90% dos traballadores/as

Máis de 500.000 persoas mobilizáronse hoxe coa CIG, CCOO e UGT en diferentes manifestacións polas principais vilas e cidades de Galiza. Para as organizacións sindicais, trátase do colofón a un “día histórico”, pois a folga xeral que convocaron as tres organizacións acadou un seguimento do 90%.

Vigo acolleu o acto central, no que participaron os secretarios xerais da CIG, Suso Seixo, UGT-Galicia, José Antonio Gómez e do S.N. de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez. Na cidade olívica foron máis de 180.000 as persoas que saíron as rúas convocadas polos tres sindicatos maioritarios.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Vigo acollerá a manifestación principal das once convocadas por todo o país durante a xornada de folga xeral do 14-N

13 Nov 2012

A marcha partirá da Praza dos Cabalos ás 11.30 horas e rematará en Praza América

Tal e como adiantaron hoxe os secretarios comarcais da CIG, CCOO e UGT en rolda de prensa, a marcha conxunta partirá da Praza dos Cabalos ás 11.30 horas para rematar en Praza América. Ademais, haberá mobilizacións en Pontevedra, Lugo, A Coruña, Ourense, Santiago, Ferrol, Vilagarcía, Burela, Ribeira e Monforte.

Horarios e lugares de saída e remate das manifestacións:

- Vigo: ás 11:30 horas, desde a Praza de España, até a Praza de América.

- Pontevedra: ás 12:30 h, desde a Praza da Ferrería, até a Subdelegación do Goberno.

- Vilagarcía: ás 12:00 horas, desde a Casa do Mar até a Praza Ravella

- Ourense:
ás 12:00 horas, desde o Pavillón dos Remedios até a Subdelegación do Goberno.

- Compostela: ás 12:00 h, desde a Praza Roxa.

- Lugo: ás 12:00 horas, desde a Casa Sindical, na Ronda da Muralla, até a Praza de Santa María.

- A Coruña:
ás 12:00 horas, desde a Praza da Palloza até a Praza de María Pita.

- Ferrol:
ás 12:00 horas, desde a Praza do Inferniño até a Praza de Armas.

- Burela: ás 12:00 horas, desde a Estación de Servizo Vista Alegre, até a Praza do Concello

- Ribeira: ás 12:00 horas, desde a Estación de Autobuses até a Praza do Concello.

- Monforte:
ás 19:30 horas, desde a Praza de España até a Praza da Estación.

Mais info: web greve xeral

 

14 de novembro: xornada de loita europea

09 Nov 2012
 

Carta branca ás administracións públicas para o despedimento do seu persoal

02 Nov 2012

A Área Pública da CIG manifesta o seu máis rotundo rexeitamento e lembra que xa o denunciara cando se aprobou a última Reforma Laboral

O pasado 30 de outubro publicábase no BOE o Real Decreto 1483/2012, de 29 de outubro, no que se desenvolve o procedemento de despedimento colectivo a aplicar nas administracións públicas (Real Decreto 1483/2012, de 29 de outubro).

Unha medida aprobada polo goberno do PP á que a Área Pública da CIG (CIG-Administración, CIG-Ensino e CIG-Saúde) manifesta a súa máis rotunda oposición, porque supón acelerar o proceso de desmantelamento dos servizos públicos e provocar unha masiva destrución de emprego. Por iso, fan un chamamento a todas as empregadas/os públicos a sumarse masivamente á folga xeral convocada para o vindeiro día 14 de novembro.

Mais info: xornal dixital Avantar