Nomeación Axentes Facenda Pública (2011)

30 Out 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Promoción,

A seguir disponibilizamos resolución, publicada no BOE de onte, coa nomeación dos Axentes de Facenda Pública (libre e promoción interna) correspondente á oferta de emprego público de 2011.

 

Reunión co Delegado Especial e responsábel Aduanas

29 Out 2012

A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión da Xunta de Persoal co Delegado Especial, onde tratamos diversas cuestións de interese, como son:

- Horario e descontos
- Campaña de renda
- Concursos
- Produtividade
- Vixilancia Aduaneira

Para calquer aclaración que precisardes contatau connosco.

 

Consello Confederal ratifica a decisión de convocar greve xeral para o dia 14 de novembro

28 Out 2012



Coincide coa convocatoria a nivel de estado con CCOO e UGT e noutros países da UE como Portugal

O Consello Confederal da CIG acaba de ratificar a decisión da Executiva de convocar greve xeral para o dia 14 de novembro, coincidindo coa data acordada noutros países europeus, como Portugal, e a nível estatal, con CCOO e UGT. O Consello Confederal reitera a necesidade de continuar coa mobilización social dada a dureza das políticas do PP e do seu caráter “profundamente antisocial e antiobreiro”.

Mais info:: xornal dixital Avantar

 

Axudas Acción Social 2012 e 2013

26 Out 2012

Lembrai que no próximo 31 de outubro findan os prazos para apresentar os pedidos das axudas de Acción Social correspondentes á:

- Saúde, nas modalidades 2.2 (tratamentos de reabilitación, podoloxía, próteses, etc) e 2.3 (tratamentos saúde mental, aprendizaxe, etc)

- Promoción

- Discapacidade/dependencia

- Excepcionais

- Xubilación (de oficio), falecimento ou incapacidade absoluta

A respeito do pagamento das axudas xa solicitadas, coméntannos de Recursos Humanos que non vai ser posíbel que sexan incluídas no ordenado deste mes, portanto contamos con que sexan incluídas no ordenado de novembro, ou a mais tardar, no de decembro.

 

Aplicación Real Decreto Lei 20/2012 (cortes)

15 Out 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa coas diversas aclaracións sobre a aplicación do Real Decreto 20/2012 (licenzas por incapacidade temporaria, pagamento extra, etc), ben como as instrucións da Secretaría de Estado acerca das modificacións das retribucións nas situacións de incapacidade temporaria para o persoal no ámbito das Administracións Públicas.

Lembrai que para os casos de ausencia do traballo por doenza inferior a 3 días, sen baixa laboral, seguen as mesmas condicións que até agora (non hai minoración de retribucións).

 

Manifestacións, o luns 15 en todas as cidades, en defensa dos servizos públicos e contra as políticas antisociais do PP

11 Out 2012

Convocadas pola Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, da que forma parte a Área Pública da CIG (CIG-Ensino, CIG-Administración e CIG-Saúde) fixo esta mañá, en rolda de prensa, un chamamento a participar nas manifestacións convocadas en todas as comarcas para manifestar o rexeitamento ás políticas antisociais e regresivas que vén aplicando o PP, tanto para os servizos públicos, en xeral, como para a destrución de emprego público en particular.

Medidas que constitúen un ataque sen precedentes aos dereitos individuais e colectivos das galegas e galegos, pero tamén das empregadas e empregados das distintas administracións públicas.

As horas e lugares de saída das manifestacións previstas son:

A Coruña : Praza de Pontevedra- 19:00 h

Compostela: Alameda- 19:00 h

Ferrol : Praza de España – 19:00 h

Lugo: Edificio Admtvo Xunta- 19:00 h

Ourense: Pavillón dos Remedios- 19:00 h

Pontevedra:
Praza da Ferrería -20:00 h

Vigo: Vía Norte- 20:00 h

Nova xornada de protestas

Os traballadores e traballadoras da administración pública continuaron este xoves co calendario de mobilizacións en contra dos recortes laborais, salariais e sociais impostos polos Gobernos do PP e na defensa duns servizos públicos de calidade. O persoal protagonizou protestas diante dos distintos centros de traballo (edificios administrativos, centros hospitalarios, delegacións, oficinas da Seguridade Social, xulgados, etc.) espallados por toda Galiza.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Preselección alumnos curso inglés AEAT (e learning)

10 Out 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Informamos que xa tendes, na Intranet, a relación de alunos preseleccionados para o curso de inglés correspondente ao Plano de Formación Continua de 2012, así como o aviso correspondente sobre os pasos a seguir para obter a documentación do curso.

Segundo nos informan de Formación, os alunos novos deben realizar a proba de nivel antes de 6 de novembro. Para os que non podeis aceder á Intranet, é só contatardes conosco.

 

Máis cortes: Acción Social 2013 e denuncia na imprensa sobre a produtividade

06 Out 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre o novo corte que sofrerá o Plano de Acción Social para 2013 e que xa recollen o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado. Tamén disponibilizamos a nota de imprensa que enviamos aos meios denunciando esa situación e a "inxustiza" da produtividade.

 

Nota servizos xurídicos CIG: supresión pagamento extra

05 Out 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota dos servizos xurídicos da CIG en relación ás reclamacións individuais sobre a supresión do pagamento extra de decembro.

 

Arredor de 50.000 persoas convocadas pola CIG saen á rúa en Galiza para amosar o seu rexeitamento ás políticas do PP

04 Out 2012

Suso Seixo fixo un chamamento para desaloxar a Núñez Feijóo da Xunta o vindeiro 21 de outubro e apostou pola convocatoria dunha nova folga xeral

Arredor de 50.000 persoas participaron nas manifestacións convocadas pola Confederación Intersindical Galega nas sete cidades galegas, Vilagarcía e Foz, para amosar o se rexeitamento ás políticas de recortes e axustes que están a aplicar os Gobernos do Partido Popular na Xunta e no Estado.

O secretario xeral da central nacionalista, que participou na mobilización de Vigo, fixo un chamamento a desaloxar o PP do Goberno galego o vindeiro 21 de outubro e apostou pola convocatoria dunha nova folga xeral.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Novidades reclasificacións "Tramo 0 ao 1"

02 Out 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Segundo informacións recebidas pola CIG, a AEAT ten intención de facer as reclasificacións do Acordo de Carreira que se corresponden co paso do Tramo 0 ao 1.

Requisitos:

- Antigüidade de 2 anos (como nas ocasións anteriores)

As datas de efeitos serían:

- Para o subgrupo C2: 1 de xaneiro
- Para o subgrupo C1: 1 de marzo
- Para o subgrupo A2 e A1: 1 de setembro

Polo de agora non temos máis dados, apenas que tentarán incluir a reclasificación nos próximos ordenados.
¡¡¡Seguiremos informando!!!