Información Mesa Xeral Administracións Públicas (Orzamentos 2012)

28 Set 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

A seguir disponibilizamos información sobre a Mesa Xeral de Administracións Públicas que tivo lugar anteonte e en que se informou sobre as medidas incluidas nos Orzamentos Xerais do Estado para 2012.

 

Información concurso Corpo Técnico de Facenda

25 Set 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

A seguir disponibilizamos información sobre un próximo concurso para o Corpo Técnico de Facenda. A partir do día 26, tereis, na Intranet, un cuestionario para coñecer as preferencias de mobilidade.

 

Obtención de certificados tributarios

24 Set 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

A seguir, diponibilizamos información sobre a posibilidade de solicitar e obter, por internet, sen certificado dixital, certificados das declaracións de rendimentos.

 

A CIG concreta un novo calendario de mobilizacións para acumular forzas de cara a unha nova folga xeral

12 Set 2012



Máis de 1.200 delegados/as participan nunha asemblea e posterior manifestación polas rúas de Santiago

A Confederación Intersindical Galega concretou un novo calendario de mobilizacións para rexeitar a política de cortes que está a aplicar o PP na Galiza e no Estado español e para acumular forzas rumo a unha nova greve xeral.

A central nacionalista realizou no pasado dia 11 unha asemblea nacional en Santiago de Compostela en que participaron máis de 1.200 delegados/as e que serviu para analisar o actual contexto da crise económica. Ao findar o acto, no que tamén foi debatida a resposta que debe de dar ao sindicato aos ataques do capital, marchouse en manifestación até San Caetano.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Campaña vacinación gripe 2012

10 Set 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

A seguir disponibilizamos información sobre a campaña de vacinación antigripal, que xa tendes na Intranet. Para quen non tiver acceso á Intranet disponibilizamos, igualmente, o formulario de inscripción en papel. Lembrai que o prazo para se apontar finda no dia 1 de outubro.

 

Asemblea nacional de delegados/as e manifestación este martes 11 de setembro en Compostela

10 Set 2012

Para avaliar as últimas medidas adoptadas polos gobernos do PP e debater e decidir sobre as necesarias respostas da central nacionalista

A Confederación Intersindical Galega ten convocada para este martes, 11 de setembro, unha manifestación de delegados e delegadas en contra das políticas de recortes e as medidas antisociais aplicadas polos gobernos español e galego. A convocatoria realízase coincidindo coa asemblea nacional da delegados/as da CIG que terá lugar previamente (ás 10:00 horas) no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

A CIG chama a participar masivamente na manifestación convocada para o sábado 8 de setembro en defensa dos servizos públicos

05 Set 2012

As organizacións sindicais tamén teñen convocadas mobilizacións diante dos edificios da administración mañá, quinta feira 6 de setembro

Representantes da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos (integrada polas organizacións CIG - CCOO - UGT - CSI-F - CESM - OMEGA - SATSE -USASE - ANPE - STAJ - CEP - SUP - UFP - AUGC - UniónGC - CGT - USO - USTG - SIAT e ACAIP) compareceron esta cuarta feira en conferencia de imprensa para anunciar o novo calendario de mobilizacións previsto para o mes de setembro en contra dos cortes impostos polos gobernos do PP.

Amañá quinta feira, arrancará unha nova xeira de protestos diante dos edificios administrativos de todo o País, encuanto que no sábado 8 de setembro está convocada unha gran manifestación en Compostela.

Mais info: xornal dixital Avantar