Novas concentracións nas comarcas no dia 31 de agosto, coincidindo co Consello de Ministros

30 Ago 2012

Contra o saque ao pobo para pagar o resgate da banca

As organizacións sindicais convocan para mañá sexta, día 31 de agosto, novas concentracións nas distintas comarcas, para denunciar que coas medidas que vén aprobando o PP desde que chegou ao goberno estase a producir un auténtico saque á clase traballadora para pagar o rescate á banca.

A CIG chama a participar nas mobilizacións previstas nas cidades galegas contra esas políticas dirixidas a protexer e beneficiar os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores.

Concentracións confirmadas

Localidade

Hora

Lugar

Vigo

11:00 h

Edificio Administrativo da Xunta

Compostela

12:00 h

Praza de Galiza

A Coruña

12:00 h

Delegación do Goberno (Praza de Ourense)

Ferrol

12:30 h

Edificio Administrativo da Xunta

Ourense

11:00 h

Subdelegación do Goberno

Lugo

12.00 h

Subdelegación do Goberno

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Cursos AEAT (finalizan os prazos de peticións nos dias 2 e 5 de setembro)

22 Ago 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

A seguir disponibilizamos a nota enviada pola Dependencia Rexional de RR.HH. no caso de ser do voso interese, ben como a info em PDF de cada curso.

Neste mes foron publicados avisos na INTRANET informando sobre a oferta de cursos de Contabilidade, Saúde Laboral e Linguas Cooficiais e Idioma Estranxeiro. Xuntanse ficheiros que conteñen o texto dos avisos.

Para a súa entrega ao persoal que estiver interesado nestes cursos e que por razóns excepcionais (licenza por doenza, excedencia por cuidado de fillos, etc.) non puder facelo telemáticamente, a Dependencia Rexional de Recursos Humanos dispón dun modelo de petición en papel.

Estas peticións, nas cuais o interesado deberá facer constar o enderezo do seu correo electrónico particular, serán enviados á Unidade de Recursos Humanos da súa Delegación, onde se procederá á súa gravación.

- O prazo de peticións finaliza no dia 2 de setembro (cursos de contabilidade)

- O prazo de peticións finaliza no dia 5 de setembro ( cursos de saúde laboral e de Linguas Cooficiais e Idioma estranxeiro)

 

Novas concentracións comarcais contra o saque ao pobo para pagar o resgate da banca

11 Ago 2012

A próxima mobilización está convocada para sexta feira, 24 de agosto, coincidindo co Consello de Ministros

As organizacións sindicais voltaron a concentrarse esta sexta nas distintas comarcas do País para manifestar o seu rexeitamento ao último pacote de medidas imposto polo Executivo de Mariano Rajoy, que son a primeira consecuencia do multimilionario resgate á banca.

As organizacións sindicais teñen acordadas novas mobilizacións, a primeira delas coa convocatoria de concentracións en todas as comarcas para a próxima sexta-feira, día 24 de agosto, coincidindo coa reunión do Consello de Ministros español.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Prepárase o procedemento para os despedimentos colectivos nas administracións públicas

07 Ago 2012

Inclúese no decreto lei que prepara o goberno para adaptar á reforma laboral o despedimento colectivo, de suspensión de contratos e redución de xornada

O PP ten preparado xa o borrador do “Proxecto de Real decreto polo que se aproba o regulamento dos procedementos de despedimento colectivo e de suspensión de contratos e redución de xornada”. Un texto co que se pretenden incorporar as modificacións aprobadas na reforma laboral ao Estatuto dos Traballadores/as e que afecta a todos os sectores, incluídas as administracións públicas.

Full story »

 

Nomeación Axentes Facenda Pública 2010 (interna e libre)

07 Ago 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Promoción,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos ligazón para a resolución con a nomeación dos Axentes de Facenda Pública correspondente á convocatoria de 2010, que foi publicada no BOE de hoxe.