Manife conxunta día 30 de xulho

26 Jul 2012

Chamamento a toda a cidadanía. Hora e lugares

Das organizacións sindicais foi realizado un chamamento a toda a cidadanía para participar macizamente nas mobilizacións convocadas para a tarde da próxima segunda feira, 30 de xullo, nas sete cidades galegas.

Da Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) advírtese que as medidas recollidas no Real Decreto Lei 20/2012 favorecen a destrución de emprego e dos servizos públicos e están feitas exclusivamente para resgatar a banca, verdadeira causante desta crise.

Horarios e lugares das manifestacións do día 30 de xullo

Frente a todas estas medidas, as organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT, CSI•F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, ANPE, STAJ, CEP, SUP, UFP, AUGC, UniónGC, CGT e USO fixeron unha chamada a participar nas manifestacións convocadas para segunda fera, 30 de xullo:

- Coruña, saída ás 19:30 horas dende a Praza de Pontevedra.

- Ferrol, saída ás 20:30h dende a Praza de España.

- Santiago de Compostela, saída ás 19:30 horas da Praza Roxa.

- Lugo, saída ás 19:30 horas dende o Edificio administrativo da Xunta.

- Ourense, saída ás 19:30 horas dende o Pavillón dos Remedios.

- Pontevedra, saída ás 20:30 horas dende a Praza da Ferreiría.

- Vigo, saída ás 20:30 horas dende a Vía Norte.

A noticia completa aquí.

 

Información concurso Inspectores (2012 A 01)

26 Jul 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa do concurso de Inspectores (2012 A 01)(a listaxe provisional está disponível na intranet).

 

Máis de 350.000 persoas maniféstanse en toda Galiza contra os recortes impostos polo PP e o masivo saqueo á clase traballadora

20 Jul 2012



A CIG anima a intensificar a resposta social diante da dureza das medidas aprobadas e aposta por convocar canto antes unha nova folga xeral

Baixo a consigna “Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen” e ao berro de “folga xeral”, máis de 350.000 persoas saíron na tarde deste xoves ás rúas de todo o País para rexeitar as gravísimas medidas que vén de aprobar o Goberno de Mariano Rajoy, co obxectivo de profundar no recorte dereitos e a precarización das condicións de vida e de traballo da maioría social, mentres se protexen e benefician os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores.

A CIG anima a dar unha resposta social con igual dureza que as políticas do PP e aposta por preparar xa un calendario de folgas xerais, cuxa primeira data de referencia podería ser o vindeiro mes de setembro.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Miles de traballadores/as das administracións protestan contra os recortes salariais e o desmantelamento do servizos públicos

20 Jul 2012

A Área Pública da CIG reitera que as medidas aprobadas polo PP afondarán no deterioro dos servizos básicos e na destrución de emprego

Miles de traballadores e traballadoras ao servizo das administracións continuaron este xoves o calendario de mobilizacións contra as políticas de redución salarial e do desmantelamento do sector público. As concentracións, que se repetiron en múltiples centros de traballo ao longo de todo o País, coincidiron coa celebración do pleno do Congreso dos deputados nos que o PP, grazas a súa maioría, ratificou o brutal recorte de 65.000 millóns de euros.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

A CIG de Valdeorras bloquea o acceso á oficina de Facenda do Barco en protesta polos recortes do Goberno español do PP

19 Jul 2012

Un grupo de delegados/as e militantes da central nacionalista permaneceu arredor dunha hora e media encadeado diante do edificio

A CIG de Valdeorras levou a cabo este mércores unha nova protesta contra os últimos recortes anunciados polo Goberno español do Partido Popular. Un grupo de delegados/as e militantes da central nacionalista bloquearon o acceso á oficina de Facenda do Barco durante hora e media tras encadearse á varanda da porta principal.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Área Pública da CIG non asistirá á Mesa Xeral porque é un acto formal, inútil e sen marxe para a negociación

18 Jul 2012

As organizacións sindicais con representación na mesa rexistran unha solicitude de cambio de data da convocatoria

Ante a convocatoria da Mesa Xeral da Función Pública para mañá xoves, día 19 de xullo, ás 18:30 horas, co único punto Lei /2012 de adaptación das disposicións básicas do RDL 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia do emprego público, as organizacións sindicais con representación na mesma (CIG, CCOO, UGT e CSI-F) veñen de entregar un escrito conxunto no rexistro solicitando o seu aprazamento. Consideran que é inaceptábel que se faga esa convocatoria coincidindo practicamente coa das manifestacións, das que a administración tiña xa coñecemento, en todas as cidades e algunhas vilas de Galiza.

Mobilizacións:

DIA 19 de XULLO

Concentracións:

Entre as 11:00 e 12:00 horas concentracións ante os centros de traballo, edificios administrativos, hospitais, delegacións ministeriais e de xustiza...

Manifestacións:

A Coruña: Ás 20:00 h da Praza da Palloza. Manifestación central.

Burela: Ás 20:00 h da Praza da Mariña

Ferrol: Ás 20:30 h do Inferniño

Lugo: Ás 20:00 h da Ronda da Muralla, do edificio sindical

Pontevedra: Ás 20:30 h da Praza da Ferrería

Santiago: Ás 20:00 h da Alameda

Ourense: Ás 20:00 h do Pavillón dos Remedios

Vigo: Ás 20:30 h da Vía Norte

Vilagarcía: Ás 21:00 h da Casa do Mar


DÍA 26 DE XULLO

Entre as 11:00 e 12:00 horas concentracións ante os centros de traballo, edificios administrativos, hospitais, delegacións ministeriais e de xustiza...

DÍA 30 DE XULLO

Manifestacións comarcais previstas inicialmente para as 19:30 horas.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Resumo cortes funcionarios e comparativa normativa anterior

17 Jul 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos un resume das medidas incluidas no Real Decreto dos "cortes", así como unha comparativa a respeito da normativa anterior.

 

CIG, CCOO e UGT convocan conxuntamente as manifestacións do xoves 19 de xullo “contra o saque do pobo”

16 Jul 2012

Fan un chamamento á mobilización masiva das galegas e galegos en todas as cidades e vilas de Galiza

Ante a gravidade das medidas impostas polo goberno do PP contra os intereses da clase traballadora en particular, e da cidadanía, en xeral, que acarretan un grave retroceso nas condicións laborais, sociais e da calidade de vida das persoas, a CIG, segundo explica o secretario xeral, Suso Seixo, “viu a necesidade de dar unha resposta o máis ampla posíbel e de tentar converxer con CCOO e UGT nunha convocatoria conxunta, dado que a data prevista para as mobilizacións polas distintas centrais sindicais xa coincidía”. Esa confluencia confirmouse esta mañá e as manifestacións serán convocadas polas tres centrais sindicais en todas as cidades e vilas do país.

Horarios e puntos de saída das manifestacións

A Coruña: Ás 20:00 h da Praza da Palloza. Manifestación central.

Burela: Ás 20:00 h da Praza da Mariña

Ferrol: Ás 20:30 h do Inferniño

Lugo: Ás 20:00 h da Ronda da Muralla, do edificio sindical

Pontevedra: Ás 20:30 h da Praza da ferrería

Santiago: Ás 20:00 h da Alameda

Ourense: Ás 20:00 h do Pavillón dos Remedios

Vigo: Ás 20:30 h da Vía Norte

Vilagarcía: Ás 21:00 h da Casa do Mar

Full story »

 

Organizacións sindicais da área pública acordan un calendario de mobilizacións contra as agresións do PP

12 Jul 2012

Valoran os cortes como un ataque ao conxunto do persoal das administracións e aos propios servizos públicos

Esta mañá teve lugar en Compostela unha reunión das organizacións sindicais da área pública (Ensino, Sanidade e Administración), en que acordaban a convocatoria de mobilizacións conxuntas, inicialmente para os días 13, 19, 26 e 30 de xullo, diante dos estabelecimentos de traballo de toda a Galiza. Xunto a estas, a CIG convoca para o próximo 19 de xullo, ás 20:00 horas, manifestacións-cazoladas en todas as comarcas do noso País.

- Dia 13 de xullo, de 11:00 a 12:00 horas: concentracións diante dos estabeleciemntos de traballo da Administración Pública de toda Galiza.

- Día 19 de xullo, de 11:00 a 12:00 horas: concentracións diante dos estabeleciemntos de traballo da Administración Pública de toda Galiza.

- Día 26 de xullo, de 11:00 a 12:00 horas: concentracións diante dos estabeleciemntos de traballo da Administración Pública de toda Galiza.

- Día 30 de xullo, ás 19:30 horas: manifestacións comarcais. O mesmo día, de mañá: reunión das organizacións sindicais para valorar as mobilizacións e estudar a súa continuación.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

A CIG convoca mobilizacións para 19 de xullo e chama a unha greve xeral conxunta en setembro

12 Jul 2012



As manifestacións-cazoladas, acordadas polo Secretariado Confederal na pasada terza, terán lugar en todas as cidades ás 20:00 horas

A CIG manifesta que ante a gravidade dos cortes cumpre dar, na rúa, unha resposta igual de contundente. Por iso o secretario xeral, Suso Seixo, anunciou a convocatoria de manifestacións-cazoladas en todas as cidades para a próxima quinta, 19 de xullo e dunha greve xeral en setembro.

A CIG contatará coas organizacións sindicais, nomeadamente coas máis representativas e maioritarias, para tentar marcar un calendario conxunto de mobilizacións de cara a esa convocatoria que entende debe ser a nivel de estado. Se non for atinxido un acordo, tentará levala adiante procurando facela coincidir coa posíbel convocatoria de organizacións sindicais nacionalistas, noutros territorios do estado.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Organizacións sindicais boicotam a Mesa Xeral das Administracións Públicas en rexeitamento aos novos cortes

11 Jul 2012

Denunciaron as formas da convocatoria, con menos de 48 horas de antecipación, a maneira de se fazer o anuncio antes de pasar pola Mesa e que non fose entregue documentación algunha

As organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas abandonaron hoxe, antes do seu comezo, a reunión da Mesa Xeral das Administracións Pública para manifestar o seu rotundo rexeitamento ás medidas anunciadas esta mañá no Congreso dos deputados polo Presidente do Goberno español, Mariano Rajoy.

Na Galiza está convocada para esta quinta-feira unha reunión en que as organizacións sindicais analisarán estas medidas e tratarán de acordar un posicionamento conxunto a respeito.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

A CIG manifesta o seu máis absoluto rexeitamento ás medidas anunciadas no Congreso por Rajoy

11 Jul 2012

A Área Pública da CIG considera unha "indecencia" as medidas anunciadas por Rajoy no Congreso

A Área Pública da CIG considera que as medidas anunciadas esta mañá por Rajoy implican un atentado gravísimo contra as condicións laborais e salariais dos empregados e empregadas do setor público.

Denuncia que favorecen a destrución de emprego e dos servizos públicos e chama ao persoal do setor a concentrarse diante dos estabelecimentos de traballo, para mostrar o seu máis rotundo rexeitamento a este novo ataque, coincidindo con a reunión do Consello de Ministros da próxima sexta-feira (vernes).

A central sindical ten convocada para esta quinta-feira (xoves), ás 11:30 horas, unha comparecencia de imprensa en que o secretario xeral, Suso Seixo, avaliará estas medidas, no seu conxunto, e anunciará a convocatoria de mobilizacións.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Nota informativa eliminación pagamento extra

11 Jul 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Nota informativa sobre a posición da CIG ante a posível eliminación do pagamento extra de decembro.

Hoxe, ás 17:00 da tarde, a CIG está convocada, con o resto da parte social, á reunión da Mesa Xeral da Función Pública onde seremos informados das medidas que van ser tomadas contra os empregados públicos. Xa vos informaremos debidamente do conteúdo da reunión.

 

Axudas Muface 2012

10 Jul 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos info sobre as axudas de Muface para 2012.

 

CIG-Administración oponse frontalmente a que sexa eliminada a paga extra do pesoal do sector público

09 Jul 2012

Lembra que é un direito de todas as traballadoras e traballadores e denuncia que se lles está facendo pagar a má xestión de gobernos irresponsábeis

Ante as informacións en que se especula coa posibilidade de que o goberno tamén está estudando a posibilidade de eliminar a paga extra dos empregados e empregadas do sector público, a secretaria nacional de CIG-Administración, María Carme López Santamariña, manifesta a frontal oposición da federación a que, sequer sexa apresentada esta posibilidade que considera “inaceitábel” de todo ponto de vista.

Frente a isto denuncia que se está a tentar facer pagar ao pesoal do sector público a nefasta xestión económica de gobernos irresponsábeis que favoreceron un modelo baseado na especulación e no enriquecemento duns poucos a custo da maioría da sociedade.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

1 2 >>