Seixo chama a mobilizarse contra a estafa do resgate financeiro e esixir responsabilidades políticas e penais para os culpados

29 Jun 2012

O Secretario Xeral, que participou na xornada de luta convocada pola Unión Comarcal de Ferrol, animou a manifestarse coa CIG o domingo 1 de xullo

O Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, fixo hoxe, no contexto da xornada de luta convocada na comarca de Ferrol, un chamamento a participar nas mobilizacións que o próximo domingo, 1 de xullo, vai realizar a central sindical en contra da estafa á clase traballadora que acarreta o resgate das entidades financeiras.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Acción Social 2012

21 Jun 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Acaba de ser colocado na Intranet o Plano de Acción Social para este ano 2012. Estai ben atentos aos prazos, pois xa vedes que son máis curtos que en anos anteriores.

Estamos á espera de que nos remitan os formulários para apresentar en papel e disponibilizalos para todos aqueles que non tiveren acceso á Intranet.

Full story »

 

Convocatoria cursos do Instituto Nacional de Administración Pública (2º semestre)

20 Jun 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

No BOE de hoxe tnedes publicada a convocatoria dos seguintes cursos do Instituto Nacional de Administración Pública (2º semestre):

 

Bolsas de estudo da MUFACE

18 Jun 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos convocatoria das bolsas para estudo da MUFACE que foi publicada no BOE do pasado día 14 de xuño.

 

Horario de verao 2012

15 Jun 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa e Resolución da diretora de Recursos Humanos sobre o horario de verao, que como sabeis, comeza no dia 16 de xuño.

 

Novidades Plan Acción Social 2012

14 Jun 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Como imaxinamos que o pesoal estexa pendente do tema de Acción Social deste ano, a seguir comentamos as novidades.

En principio, segundo informacións de Madrid, de Recursos Humanos, está previsto que sexa publicado na Intranet a semana próxima, entre 18 e 22 de xuño (a día de hoxe non nos poden especificar máis a data).

Están a traballar contrarreloxio para facelo cuanto antes. Tamén, segundo nos informan, haberá prazos o suficientemente amplos para podermos solicitar con tempo as axudas que nos interesaren.

 

Cortes nas Administracións Públicas

14 Jun 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre os posíbeis cortes nas Administracións Públicas que se recollen nun relatório apresentado polo Goberno español en Bruselas nas pasadas semanas.

 

Escrito queixa concursos C1 e C2

13 Jun 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos escrito apresentado pola CIG queixándonos sobre a inexistencia de concursos para Auxiliares e Administrativos e o distinto trato que, a este respeito, receben os A1 da AEAT.

 

A CIG na Axencia Tributaria rexeita a amnistía fiscal e denuncia inoperancia e deixamento de funcións do Ente Público

08 Jun 2012

A Sección Sindical reclama incrementar os controis contra a fraude e advirte que a amnistía é contraria aos principios de progresividade e proporcionalidade

A Sección Sindical da CIG na AEAT considera que as medidas que está a tomar o Goberno español para efectuar o que denominan “regularización fiscal”, “non son máis que a constatación do fracaso dun modelo de xestión dos tributos que leva anos obsoleto”. Así mesmo advirten que a Lei de amnistía fiscal vulnera os principios de progresividade e proporcionalidade que debe perseguir o sistema tributario, mentres que, pola contra, se “premia” aos/ás defraudadores permitíndolle pagar impostos moi inferiores aos que lles correspondería polo nivel de ingresos.

Full story »

 

CIG e ELA presentan perante o Supremo denuncia contra os presidentes do Goberno, ministros de Economía e gobernadores do BdE

08 Jun 2012

Responsabilízanos de non actuar para impedir a grave situación de crise económica e por ter provocado nefastas consecuencias para a poboación

Os secretarios xerais da CIG, Suso Seixo e de ELA, Adolfo Muñoz, “Txiqui”, presentaron esta mañá unha denuncia, perante a Sala do Penal do Tribunal Supremo, contra os ex presidentes do Goberno José María Aznar, José Luís Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy; os ex ministros de Economía Rodrigo Rato, Pedro Solbes e Elena Salgado; os ex gobernadores do Banco de España Jaime Caruana e Miguel Ángel Fernández Ordóñez e os administradores e xestores das caixas de aforro e entidades financeiras pola súa responsabilidade na crise, pola súa xestión e polas graves consecuencias que tiveron as medidas adoptadas para o conxunto da poboación.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Mesa de Campaña de Renda (07 de xuño de 2012)

08 Jun 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa da Mesa de Campaña de Renda que tivo lugar onten.

 

Oferta cursos ofimática AEAT 2012

08 Jun 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Na Intranet tendes a oferta de cursos da AEAT de ofimática (Windows, Lotus Notes, Word, Excel e Access) para 2012. O prazo para se apontar é de 11 a 20 de xuño.

 

Reunión da Comisión Permanente da Mesa de Saúde Laboral (31 de maio de 2012)

01 Jun 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión da Comisión Permanente da Mesa de Saúde Laboral realizada onten, 31 de maio de 2012.

 

Convocatoria cursos Formación Continua 2012

01 Jun 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

No Escritorio Virtual personalizado da AEAT xa tendes as convocatorias abertas para algúns dos cursos do Plano de Formación Continua de 2012. O prazo para apresentar os pedidos é de 4 a 18 de xuño. Disponibilizamos o ficheiro con a información.