A CIG denuncia que os orzamentos xerais do Estado non tratan de corrixir, nin sequera, paliar a grave situación económica

30 Abr 2012

Considera que o proxecto presentado polo PP non aposta nin por dinamizar a actividade económica, nin por fomentar o emprego

Inmersos nunha situación de crise, da cal non se perciben signos de recuperación, topamos cuns Orzamentos Xerais do Estado (OXE-2012) novamente restritivos, que van contribuír a afondar aínda máis na dita crise, e que dificultan, a longo prazo, o futuro económico deste país.

Non apostan polo investimento de capital (que se reduce en máis dun 26%) como motor da economía, imprescindíbel cando a iniciativa privada está contraéndose, día a día, debido á falla de fondos e á incerteza. De feito, prevén que a actividade económica descenda un 1,7% ao longo deste ano, tal e como se recolle na análise realizada pola responsábel do departamento de Economía da CIG, Natividade López Gromaz.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

CIG Manifestacións 1º maio

30 Abr 2012

Mais información no xornal dixital Avantar

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre as manifestacións da CIG do 1º de maio.