A CIG lanza a convocatoria dunha nova greve xeral, na primeira quincena de xuño, ante a gravidade das políticas do goberno do PP

23 Abr 2012


Fai un chamamento ás organizacións sindicais a facer a convocatoria de forma conxunta e alerta que, “ou continuamos con esta resposta social ou non temos saída ningunha”

Á Executiva Confederal da CIG acordou, na súa reunión da pasada sexta feira, promover unha nova convocatoria de greve xeral para a primeira quincena de xuño.

Así o anunciou o secretario xeral, Suso Seixo, esta mañá en conferencia de imprensa, considerando que estamos nun momento “determinante” por mor das “inxustas políticas” que está impondo o Partido Popular, con cortes en Educación, cortes en Ensino e a imposición dunha reforma laboral que lonxe de promover a criación de emprego, busca precarizar as condicións laborais e que, portanto, debe ser retirada.

Mais info: xornal dixital Avantar