A CIG denuncia que os orzamentos xerais do Estado non tratan de corrixir, nin sequera, paliar a grave situación económica

30 Abr 2012

Considera que o proxecto presentado polo PP non aposta nin por dinamizar a actividade económica, nin por fomentar o emprego

Inmersos nunha situación de crise, da cal non se perciben signos de recuperación, topamos cuns Orzamentos Xerais do Estado (OXE-2012) novamente restritivos, que van contribuír a afondar aínda máis na dita crise, e que dificultan, a longo prazo, o futuro económico deste país.

Non apostan polo investimento de capital (que se reduce en máis dun 26%) como motor da economía, imprescindíbel cando a iniciativa privada está contraéndose, día a día, debido á falla de fondos e á incerteza. De feito, prevén que a actividade económica descenda un 1,7% ao longo deste ano, tal e como se recolle na análise realizada pola responsábel do departamento de Economía da CIG, Natividade López Gromaz.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

CIG Manifestacións 1º maio

30 Abr 2012

Mais información no xornal dixital Avantar

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre as manifestacións da CIG do 1º de maio.

 

Mesa de Formación Continua (26 de abril de 2012)

27 Abr 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa da Mesa de Formación Continua de onte, bem como a proposta da AEAT para 2012.

 

Reunión con o novo Delegado Especial

25 Abr 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión de onten con o novo Delegado Especial.

 

A CIG lanza a convocatoria dunha nova greve xeral, na primeira quincena de xuño, ante a gravidade das políticas do goberno do PP

23 Abr 2012


Fai un chamamento ás organizacións sindicais a facer a convocatoria de forma conxunta e alerta que, “ou continuamos con esta resposta social ou non temos saída ningunha”

Á Executiva Confederal da CIG acordou, na súa reunión da pasada sexta feira, promover unha nova convocatoria de greve xeral para a primeira quincena de xuño.

Así o anunciou o secretario xeral, Suso Seixo, esta mañá en conferencia de imprensa, considerando que estamos nun momento “determinante” por mor das “inxustas políticas” que está impondo o Partido Popular, con cortes en Educación, cortes en Ensino e a imposición dunha reforma laboral que lonxe de promover a criación de emprego, busca precarizar as condicións laborais e que, portanto, debe ser retirada.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Acción Social 2012 (Mesa de 19 de abril de 2012)

20 Abr 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión da Mesa de Acción Social que tivo lugar onte, ben como a proposta apresentada pola Axencia Tributaria.

 

Primeiro de Maio de 2012: Por emprego digno, non ás políticas económicas e laborais do Partido Popular

19 Abr 2012



A CIG convoca mobilizacións por todo o país coincidindo co Día Internacional da Clase Traballadora

Afrontamos este 1º de Maio sumidos/as nunha profunda crise económica que afecta de forma moi directa á clase traballadora a través da perda de miles de empregos, redución de salarios, precarización das condicións de traballo, perda de dereitos, etc.

As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o PP a través dos Gobernos español e galego, seguindo as directrices de institucións como o FMI, o BCE ou a Comunidade Europea, responden ao seu modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa dos intereses da banca, dos especuladores e da oligarquía financeira.

Contra isto, a CIG chama á clase traballadora galega a participar nas mobilizacións convocadas en todo o país para reclamar emprego digno e rexeitar as medidas antiobreiras que se nos están a impoñer.

Mais: xornal dixital Avantar

 

Mesa de Saúde Laboral (18 de abril de 2012)

19 Abr 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa da xuntanza da Mesa de Saúde Laboral que tivo lugar onte en Madrid.

 

Convocatoria oferta vagas Painel Axentes Facenda Pública

16 Abr 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos a convocatoria da oferta de vagas de Painel para Axentes de Facenda Pública, que será publicada na Intranet no día de hoxe.

 

Reunión Mesa Campaña Renda 2011

13 Abr 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos a nota informativa da reunión da Mesa de Campaña de Renda que tivo lugar onte, ben como a proposta da AEAT.

 

Adxudicatarios definitivos Panel CTH

11 Abr 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

A seguir disponibilizamos o listado definitivo de adxudicatarios do Painel do Corpo Técnico de Facenda (2012 P 01).

 

Convocatoria de cursos do Instituto Nacional de Admón. Pública 2012

11 Abr 2012

No BOE do pasado día 3 de abril tendes a convocatoria para participar nos seguintes cursos do Instituto Nacional de Admón. Pública:

 

Concentracións nas cidades galegas contra a reforma laboral do PP

11 Abr 2012

Coincidindo co día no que se referendará no Congreso dos Deputados a reforma laboral, a CIG convoca concentracións en todas as cidades galegas para exixir a súa retirada.

A central sindical denuncia que se trata dunha reforma pensada para facilitar o despedimento e favorecer a competitividade, pola vía de reducir salarios e rebaixar as condicións laborais substituíndo emprego fixo por precario e considera que só coa mobilización se poden frear as políticas de recortes de dereitos laborais e sociais que está a impor o Partido Popular.

A CIG demanda do goberno do PP a retirada da reforma laboral, logo do rotundo rexeitamento manifestado polos traballadores e traballadoras que participaron, de forma masiva, na convocatoria de folga xeral e nas multitudinarias mobilizacións convocadas o pasado 29 de marzo.

Por iso convoca, para este xoves, día 12 de abril, concentracións en todas as cidades que terán lugar en:

- Compostela: Praza de Galiza, 20.00 horas.

- A Coruña: Delegación do Goberno, 20.00 horas.

- Vigo: Farola de Príncipe, 20.00 horas.

- Ourense:
Subdelegación do Goberno, 20.00 horas.

- Pontevedra: Subdelegación do Goberno, 20.00 horas.

- Lugo: Subdelegación do Goberno, 20.00 horas.

- Ferrol: Praza do Concello, 19.30 horas.