Info Mesa Xeral Administracións Púbicas

30 Mar 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

O mercores 28 de marzo, convocouse a Mesa Xeral das Aministracións Públicas prevista no Artigo 36.1 do EBEP; informaron (que non negociaron) acerca das previsións contidas no proxecto de orzamentos do Estado que o Goberno ten previsto aprobar o 30 de marzo, que se concretaban en Retribucións, Oferta de Emprego Público, Xornada e Horarios.

Full story »

 

Convocatoria axudas Muface

30 Mar 2012

A seguir informamos da publicación no BOE da convocatoria das axudas de Muface para a atención a determinados colectivos:

- Podoloxía e termalismo social a maiores
- Atención a enfermos psiquiátricos crónicos
- Atención a persoas drogodependentes
- Estancias temporais en centros
- Axudas a enfermos celíacos
- Axudas a enfermos oncolóxicos

 

Reunión do Comité de Saúde Laboral

28 Mar 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión do Comité de Saúde Laboral de onte.

 

29-M: Greve xeral

27 Mar 2012

Mais info: Web Greve Xeral

A seguir disponibilizamos información sobre a greve xeral do vindeiro 29 de marzo. Na convocatoria tendes ben explicadas as condicións para que o persoal suxeito a horarios de traballo por turnos (como Vixilancia Aduaneira) poda facer uso do seu direito á greve.

 

Mantense a unidade de acción sindical no sector público á espera da apresentación dos orzamentos xerais do Estado

26 Mar 2012

No dia 10 de abril terá lugar mais unha reunión para avaliar se a resposta continua a ser conxunta ou de carácter individual

As organizacións sindicais con representación no sector público, que veñen mantendo unha unidade de acción nas mobilizacións e na resposta á Lei de Medidas para o Emprego Público, volverán a reunirse o vindeiro día 10 de abril, depois da Semana Santa, para avaliar o impacto que, sobre o sector, puder ter a Lei de Orzamentos Xerais do Estado. Está previsto que nesa data decidan se a resposta a dar continua a ser conxunta ou individual, de cada organización sindical.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Listado provisorio Painel Corpo Técnico Facenda (2012 P 01)

21 Mar 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Informamos que xá dispomos do listado provisorio de adxudicación do Painel do Corpo Técnico de Facenda (2012P01). O listado será disponibilizada amaña, dia 22 de marzo, na Intranet da AEAT, mas podeis contatar conosco para terdes aceso desde xá

Lembrai que o prazo para reclamacións e renuncias finda no dia 27 de marzo.

 

A CIG convoca para esta quinta-feira, 21 de marzo, concentracións simultáneas en cidades e vilas en contra da reforma laboral

21 Mar 2012

No contexto da campaña de mobilizacións que a central nacionalista está a desenvolver com motivo da Greve de 29 de Marzo

A CIG ten convocadas para mañá, quinta-feira 22 de marzo, concentracións simultáneas nas cidades galegas e en varias vilas do País en contra da agresiva reforma laboral aprobada recentemente polo PP e para aglutinar forzas para dar unha contundente e masiva resposta na greve xeral de 29 de Marzo.

Con estas concentracións a central sindical pretende tamén trasladar aos gobernos español e galego o rexeitamento que existe nos centros de traballo a respeito desta brutal e regresiva reforma laboral. Unha reforma laboral que ten a dimensión dun golpe de estado e vén acabar cos poucos direitos laborais que a clase traballadora conquistou nas últimas décadas.

Horarios e lugares das concentracións

- A Coruña: ás 20:00 horas na Praza de María Pita.

- Compostela: ás 19:30 horas na Praza do Obradoiro

- Ferrol: ás 19:30 horas na Praza do Concello

- Lugo: Asemblea informativa ás 20:00 horas, diante da Sede do PP (r/ Poeta Ramón Cabanillas, 10)

- Pontevedra: ás 20:00 horas diante da sede do PP (r/ Rosalía de Castro)

- Vigo: ás 20:00 horas diante do MARCO

- Vilagarcía: ás 20:00 horas diante do Concello

- A Guarda: ás 20.00 horas diante da Casa do Concello

- Arteixo: ás 20:00 horas no Anfiteatro do Paseo Fluvial

- Betanzos: ás 20:00 horas na Praza da Constitución

- Cambre: ás 20:00 horas, diante da Casa do Concello

- Cangas: ás 20:00 horas, diante da Casa do Concello

- Carballo: ás 20:00 horas, diante da Casa do Concello

- Culleredo: ás 19:00 horas no Parque Europa

- O Barco de Valdeorras: ás 19:30 horas diante da Casa do Concello

- O Porriño: ás 20:00 horas diante da Casa do Concello

- Ordes: ás 20:00 horas na Alameda

- Redondela: ás 19:30 horas diante da Casa do Concello

- Verín: ás 19:30 horas diante da Casa do Concello

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Manifesto contra a reforma laboral do PP e en apoio da folga xeral convocada para o 29 de marzo

20 Mar 2012

Asinado por diferentes organizacións sociais, políticas e sindicais

Organizacións sociais, políticas e sindicais asinan un manifesto en apoio da folga xeral do 29 de marzo e contra a reforma laboral e as políticas que vén impoñendo o PP desde a súa chegada ao goberno. O manifesto é froito do proposto pola CIG na xuntanza celebrada na sede da central sindical o pasado 27 de febreiro, coas aportacións das distintas organizacións asinantes.

Ler o manifesto: xornal dixital Avantar

 

Convocatoria Muface (axudas atención dependencia)

19 Mar 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos a convocatoria das axudas de atención á dependencia de Muface que foi publicada no BOE nos pasados días.

 

Reunión da Mesa de Formación

15 Mar 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a Mesa de Formación que tivo lugar onte.

 

Novo Delegado Especial da AEAT da Galiza

14 Mar 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

José Luis Rodríguez Díaz novo Delegado Especial

A seguir disponibilizamos información sobre a destituición e a nomeación do Delegado Especial na AEAT da Galiza, que foron publicadas no BOE de hoxe.

 

A CIG pon en marcha unha nova páxina web con toda a información sobre a folga xeral do 29 de marzo

14 Mar 2012

www.folgaxeral.info inclúe novas, análise, opinión, documentos e datos de interese, así como todo o material para descargar

A Confederación Intersindical Galega vén de poñer en marcha unha nova páxina web con toda a información referente á convocatoria de folga xeral do 29 de marzo. Nela, a central nacionalista pon a disposición das persoas interesadas o material necesario para entender a actual ofensiva do capital contra a clase obreira e desmontar os falsos argumentos que están detrás da perda de dereitos laborais e sociais. Tamén está dispoñíbel para descarga todo o material editado polo sindicato con motivo da mobilización.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

CIG-Administración lanza unha campaña pola dignidade do/a empregado/a público/a e en defensa dos servizos públicos

12 Mar 2012

Pretende responder aos continuos ataques que están a padecer as traballadoras e traballadores das administracións

CIG-Administración presentou esta mañá a campaña que a partir de mañá se desenvolverá en todas as comarcas do país, pola dignidade do empregado/a público/a e en defensa dos servizos públicos. A campaña desenvolverase de forma transversal en todas as accións sindicais que, ao longo dos vindeiros meses defendan o sector público e rexeiten os recortes.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

A CIG conmemora o 10 de Marzo cunha chamada á mobilización e á organización na defensa dos nosos intereses de clase

10 Mar 2012

Máis de 20.000 persoas participan nas manifestacións convocadas pola central nacionalista en toda Galiza en contra dos recortes máis agresivos dende o franquismo

No día que se cumpren 40 anos do asasinato de Amador Rei e Daniel Niebla, a loita de clases amósase máis viva ca nunca logo das últimas e regresivas reformas aprobadas polos distintos gobernos. Reformas e medidas destinadas a despoxar á clase traballadora dos dereitos laborais e sociais acadados nas últimas décadas, deixándoa indefensa ante unha ofensiva do capital que nos obriga a dar unha resposta contundente e reaxir na defensa dos nosos intereses, tal e como neste 10 de Marzo xa fixeron as máis de 20.000 persoas que participaron nas manifestacións convocadas pola CIG e como haberá que demostrar na folga xeral do 29 de marzo.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

A CIG chama aos galegos e galegas a mobilizarense no dia 10 de Marzo contra unha reforma laboral que “saqueia a clase traballadora”

09 Mar 2012

Convoca manifestacións en todas as cidades, ademais de Vilagarcía e Ribeira

Con motivo do Día da Clase Obreira Galega a CIG convoca manifestacións, o sábado 10 de marzo, en todas as cidades, ademais de en Vilagarcía e Ribeira, contra a reforma laboral que vén de aprobar o PP. Unha reforma que supón a demolición dos dereitos do traballo e saquea á clase traballadora, para contentar aos grandes empresarios, á banca e aos máis ricos. Ante isto, a CIG chama aos galegos e galegas a mobilizarse para responder, con toda a forza necesaria, e impedir a consumación desta agresión brutal contra a clase traballadora.

Manifestacións

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, participará na oferta floral e na manifestación de Ferrol.

- Ferrol: Ás 11:00 horas ofrenda floral na escultura a Amador e Daniel. Ás 12:00 horas sairá a manifestación do lado da sede do sindicato, na Avda de Esteiro.

- Vigo: Ás 20:00 h, desde a Vía Norte

- Coruña: Ás 12:00 horas na Praza de Vigo

- Pontevedra: Ás 19:00 horas, na Praza da Ferrería

- Compostela: Ás 12:30 horas, na Praza Roxa

- Lugo: Ás 12:00 horas, do lado do local da CIG, na Ronda da Muralla

- Ourense: Ás 12:00 horas, do Pavillón dos Remedios

- Vilagarcía: Ás 20:00 horas, na Casa do Mar

- Ribeira: Ás 20:00 horas, na Praza do Concello

Mais info: xornal dixital Avantar

 

1 2 >>