A CIG convoca asembleas abertas nas cidades galegas para debater sobre a reforma laboral e a greve xeral |
|
| 15 Fev 2012 |
A central sindical convida a participar a todas as persoas interesadas en coñeceren o alcance e as consecuencias que terá para a clase traballadora A CIG convoca para esta quinta, día 16 de febereiro, asembleas abertas nas distintas cidades galegas. A central sindical quere abrir así un debate social, para que se coñeza o alcance e as gravísimas consecuencias que terá a reforma laboral que vén de aprobar o PP, tanto para as condicións laborais e salariais da maioría da poboación, como no que supón de perda de dereitos. Nestas asembleas abordarase tamén a necesidade da convocatoria de folga xeral, que a CIG ten prevista para finais do mes de marzo, como única forma de frear, tanto esta reforma, como todas as medidas que xa se foron aprobando e as que se prevé que se impoñan a través dos orzamentos xerais do estado.
Na cidade de Pontevedra xa se celebrou esta mañá unha asemblea de delegados/as e unha concentración diante da Delegación do Goberno. |