A CIG celebra unha conferencia nacional para debater sobre o contexto político sindical e laboral e as alternativas á crise

07 Fev 2012

Arredor de 400 dirixentes da central nacionalista participarán na xornada de análise que se celebra este martes día 7 en Santiago de Compostela

A CIG celebra unha conferencia sindical nacional en Santiago de Compostela este martes 7 de febreiro na que arredor de 400 as dirixentes da central nacionalista debaterán o contexto político sindical e laboral e as alternativas fronte á crise do sistema capitalista. As conclusións que se tiren do encontro marcarán o traballo a desenvolver nos vindeiros meses.

Mais info: xornal dixital Avantar