A CIG anuncia a convocatoria dunha greve xeral nacional para a última semana do mes de marzo

07 Fev 2012

A conferencia sindical que se celebra en Santiago de Compostela dende esta mañá aprobou por aclamación a mobilización

O secretario xeral da CIG compareceu esta mediodía en rolda de prensa xunto ao responsábel de Comunicación e Propaganda para anunciar a convocatoria dunha folga xeral para a última semana do mes de marzo. A decisión foi adoptada por aclamación -só houbo sete abstencións- polo conferencia sindical que se celebra en Santiago de Compostela dende esta mañá e na que participan máis de 350 dirixentes da central nacionalista. A data definitiva será consensuada coas distintas organizacións sindicais que decidan sumarse á mobilización.

Mais info: xornal dixital Avantar