A CIG comeza un intenso calendario de actos e mobilizacións para preparar a Greve Xeral do 29 de marzo

29 Fev 2012

A central convoca para mañá, xoves 1 de marzo, asembleas e protestas nas comarcas contra a reforma laboral e as políticas de recortes do PP

Dentro da campaña de cara á convocatoria de folga xeral do vindeiro 29 de marzo, a CIG ten programado un intenso calendario de actos e mobilizacións que continuarán mañá, xoves 1 de marzo, coa celebración de asembleas de delegados/as e protestas nas distintas comarcas do País, en rexeitamento á regresiva reforma laboral e ás políticas de recortes aplicadas polo PP.

Horarios e lugares das mobilizacións

- A Coruña: asemblea de delegados/as ás 10:00 horas no salón de actos do edificio Sindical. Concentración ás 12:15 horas diante do INEM de Monelos (Praza de Rafael Dieste). Nesta protesta participará o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo.

- Ferrol: Asemblea de delegados/as ás 10:30 horas no local sindical. Manifestación ás 12:00 horas con saída dende a Avenida do Esteiro até a Praza do Concello.

- Lugo: Asemblea de delegados/as ás 10:00 horas no local sindical. Concentración ás 12:00 horas diante da Subdelegación do Goberno (Praza de Armanyá).

- Compostela: Asemblea de delegados/as ás 10:00. Saída ás 12:00 horas cara a Confederación de Empresarios, na rúa do Vilar, onde se celebrará unha concentración.

- Ourense: Asemblea de delegados/as ás 10:00 horas no Salón de Actos da Casa Sindical. Concentración ás 11:30 horas diante da oficina de Novagalicia Banco da Rúa do Paseo.

- Vigo: Asemblea aberta no Mercado do Calvario, ás 12:00 horas.

- Burela: Asemblea de delegados e delegadas, no local sindical.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Noticia imprensa operación antidroga SVA da Galiza

24 Fev 2012
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Disponibilizamos noticia publicada en La Voz de Galicia sobre a operación antidroga realizada polo SVA da Galiza. Parabéns, compañeiros!!!

 

Resolvido Concurso Axentes Facenda Pública 2011A04

23 Fev 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre o concurso de Axentes de Facenda Pública, que se resolveu no día de hoxe.

Temos tamén os listados provisorios completos. Contatai conosco para ter aceso aos mesmos.

 

Denuncia produtividade (publicacións na imprensa)

23 Fev 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos infos com o que saiu na imprensa acerca da nosa denuncia sobre o reparto da produtividade na AEAT.

 

O Gabinete Técnico de Economía da CIG apresenta unha análise pormenorizada da reforma laboral

22 Fev 2012

No documento faise un repaso crítico sobre os aspectos máis negativos da nova normativa que promove o PP

O Gabinete Técnico de Economía da CIG vén de facer público un documento no que se analizan os principais contidos da nova reforma laboral promovida polo PP e que endurece notablemente todas as medidas esenciais das normativas anteriores co único obxectivo de protexer os empresarios. O seu núcleo duro afecta á contratación, á flexibilidade interna, á negociación colectiva e ao despedimento.

 

Concentracións e manifestacións en todas as cidades, este xoves, día 23 de febereiro, contra os cortes no sector público

22 Fev 2012

Convocan CIG, UGT, CCOO, CSI-F, FEP-USO, SATSE, SAE, CGT e STAJ

O persoal do sector público vén manifestando o seu máis rotundo rexeitamento aos recortes que o PP pretende impor a través da Lei de Medidas no Emprego Público. Os empregados e empregadas deste sector entenden que estas medidas supoñen un grave retroceso nos seus dereitos laborais e sociais, cuestionan a súa imaxe e a súa dignidade, desvalorizan á propia administración pública e provocarán unha mingua na calidade dos servizos.

Por iso convocaron, para este xoves, concentracións e manifestacións en todas as cidades, ás 19:00 horas, ás que chaman a participar a todas as galegas e galegos en defensa do Sector Público.

- Ferrol: Ás 19:00 horas, na Praza de España

- Pontevedra: Ás 19:00 horas, na Praza da Peregrina

- A Coruña: Ás 19:00 horas, na Praza de Ourense

- Compostela: Ás 19:00 horas, na Praza do Toural

- Lugo: Ás 19:00 horas, A Muralla, Edificio Administrativo

- Ourense: Ás 19:00 horas, no Pavillón dos Remedios

- Vigo: Ás 19:00 horas, no MARCO

 

A CIG convoca, para o 29 de marzo, greve xeral

17 Fev 2012

O secretariado confederal acordou esta mañá fixar xa a data da convocatoria

O Secretariado Confederal da CIG, reunido esta sexta, día 17 de febereiro, acordou marcar a data da convocatoria de greve xeral para o día 29 de marzo. Así o comunicou o secretario-xeral, Suso Seixo, que explicou que para tomar esta decisión tívose en conta que durante o mes de marzo entrarán a debate, no Congreso, a reforma laboral e os Orzamentos Xerais do Estado e que para esa mesma data, tamén convocou greve xeral a maioría sindical basca.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Listado concurso Axentes Facenda Pública 2011A04

17 Fev 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Informamos que xá temos o novo listado do concurso de Axentes de Facenda Pública, actualizado ao día de hoxe.
A reunión da Comisión de Valoración terá lugar a vindoura cuarta feira, día 22 de febereiro, ás 10h00.

Se tiverdes algunha incidencia ou reclamación ao respeito das pontuacións, facéinolas chegar.

 

Retribuicións funcionarios AEAT 2012

17 Fev 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre as retribucións dos funcionarios da AEAT para 2012, con detalle dos distintos complementos segundo os tramos de carreira administrativa.

Na páxina 2 do arquivo tnedes, além diso, información sobre algunhas das novidades para este ano, sobre as retencións do IRPF.

 

Convocatoria vagas Painel CTH

17 Fev 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos comunicación de Recursos Humanos sobre a iminente convocatoria das vagas de painel para o Corpo Técnico de Facenda.

 

1 2 3 >>