Concurso Axentes Facenda Pública 2011A04

31 Jan 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa do Concurso de Axentes de Facenda Pública, que comezou hoxe. Tamén achegamos o listado coas puntuacións provisorias. Lembrai que hai tres días de prazo para apresentar a renuncia.

 

Concurso Axentes Facenda Pública (2011A04)

26 Jan 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Para a próxima terza feira ("martes") 31 de xaneiro, está axendada a Constitución da Comisión de Valoración do Concurso de Axentes da Facenda Pública. É previsíbel que, ese mesmo día, a Administración faga entrega dos primeiros listados coas pontuacións (seguramente nas últimas horas da mañá ou mesmo á tarde).

Lembrai que, de acordo coas bases do concurso (Base 3ª-Alínea 4ª),o prazo para as renuncias findará ás 24:00 horas do terceiro día seguinte á constitución da Comisión de Valoración.

 

A CIG denuncia que CCOO e UGT ceden ás demandas da patronal traizoando a clase traballadora

25 Jan 2012

Antolín Alcántara, secretario confederal de negociación colectiva asegura que “estamos ante o maior ataque da historia aos salarios da clase traballadora”

A CIG manifesta a súa máis enérxica e rotunda oposición á cesión de CCOO e UGT ante as demandas da patronal, asinando un acordo polo cual os incrementos salariais deixarán de se calcular en función do IPC, como se viña facendo até agora. O secretario confederal de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara considera que estamos “ante o maior ataque na historia aos salarios da clase traballadora”.

Mais info: xornal dixital Avantar.

 

Nota informativa concursos

19 Jan 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa do concurso do Corpo Técnico de Facenda, que foi resolvido hoxe, ben como das novidades a respeito do resto dos concursos.

 

CIG-Información cursos forGA

19 Jan 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre os cursos de forGA 2012.

Mais info: Web forGA.

 

A CIG convoca concentracións de delegados/as en todas as comarcas en repulsa ás medidas aprobadas polo PP

11 Jan 2012

O secretariado confederal acorda pór en marcha unha campaña para denunciar as súas consecuencias, reclamar políticas alternativas e esixir maior soberanía

O Secretariado Confederal da CIG, reunido este martes en Compostela, acordou convocar concentracións de delegados/as para este xoves, 12 de xaneiro, diante das delegacións de Facenda da administración central para manifestar o seu rexeitamento ás medidas aprobadas, vía decreto, polo goberno do PP. A central sindical, que tamén celebrará asembleas para analizar o novo escenario, considera que estas decisións son claramente negativas para a clase traballadora porque “os recortes do investimento público provocarán máis destrución de emprego e o deterioro dos servizos públicos e as medidas fiscais adoptadas nada teñen que ver coa reforma fiscal que sería necesario acometer”, afirma o Secretario Xeral, Suso Seixo.

HORARIOS DAS ASEMBLEAS E DAS MOBILIZACIÓNS:

- Santiago de Compostela: 10:00 horas Asemblea.12:00 horas concentración na Praza de Galiza.

- Vigo: 10:30 horas Asemblea. 12:00 horas concentración na delegación de Facenda (r/ Lalín, 2).

- A Coruña: 10:30 horas Asemblea. 12:00 horas concentración na delegación de Facenda (r/ Comandante Fontanes, 10).

- Ourense: 11:00 horas concentración na delegación de Facenda (r/ Santo Domingo, 25).

- Ferrol: 10:30 Asemblea. 12:00 horas concentración na administración de Facenda (Rúa Telleiras s/n).

- Lugo: 12:00 horas concentración na delegación de Facenda (Rúa da Raíña, 2).

- Pontevedra: 12:00 horas concentración diante do Banco de España.

- Vilagarcía: 12:00 horas concentración diante da Axencia Tributaria (r/ Elpidio Villaverde, 3).

Full story »