A CIG considera que os recortes aprobados no Consello de Ministros non favorecerán a recuperación económica |
|
| 31 Dez 2011 |
A redución do gasto público provocará máis desemprego e perda de calidade nos servizos públicos O goberno Rajoy anunciaba tras do Consello de Ministros, toda unha serie de medidas, en materia económica, destinadas a reducir o gasto público en 8.900 millóns de euros. Para o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, supón dar continuidade ás políticas que viña aplicando o PSOE, dirixidas unicamente a reducir o déficit público, a custo de empeorar as condicións de vida de pensionistas, traballadores que perciben o SMI, empregados/as públicos/as ou dependentes. Alén diso, non introduciu nin unha soa medida para combater a especulación coa débeda pública, nin para estimular a economía e a creación de emprego. |
Confírmase a conxelación salarial e a taxa de reposición do 0% para as administracións públicas |
|
| 30 Dez 2011 |
O Goberno español obriga así á Xunta de Galiza a modificar os orzamentos que acaba de aprobar Esta mañá celebrábase en Madrid a Mesa Xeral da Función Pública, na que se informaba ás/aos representantes sindicais da decisión do goberno do PP de conxelar os salarios do persoal das administracións públicas e de decretar unha taxa de reposición do 0%. Para a CIG, ambas as dúas decisións son inadmisíbeis. |
Novidades no concerto sanitario 2012-2013 |
|
| 22 Dez 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos a ligazón para descarregar a resolución publicada no BOE onde tedes o novo concerto sanitario con MUFACE para os anos 2012/2013. Lembrai que a mudanza de entidade médica debe ser feita no mes de xaneiro. Ficai ben atentos nas mudanzas que puder haber nos distintos cadros médicos (pois están previstas modificacións). Na primeira páxina do documento tendes a relación de todas as entidades médicas que se incorporan ao dito concerto.
|
Listados concurso Corpo Técnico Facenda |
|
| 20 Dez 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos nota informativa sobre o concurso do Corpo Técnico de Facenda.
|
Convocatoria concurso Axentes Facenda Pública |
|
| 20 Dez 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos ligazón para descarregar a resolución da convocatoria do concurso de Axentes Tributarios, que foi publicada hoxe no BOE.
|
Concurso Corpo Técnico de Facenda (novidades) |
|
| 16 Dez 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 Informamos que a constitiución da Comisión de Valoración do concurso do CTH está axendada para o día 20 de decembro. ás 10:00 horas. Para ese día, ou como moi cedo esta segunda (luns), está previsto que sexan facilitados os primeiros listados coas pontuacións provisorias. Lembrai que o prazo para renunciar ás solicitacións finda ás 24:00 horas do terceiro día seguinte a aquel en que ten lugar a primeira sesión da Comisión de Valoración, é dicer, sexta feira (venres) día 23, ás 24:00 horas. A seguir disponibilizamos os criterios de aplicación da pontuación correspondente á conciliación familiar, que nos acaban de remitir de Madrid.
|
Info reunión Comisión Acción Social |
|
| 14 Dez 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión da Comisión de Acción Social que tivo lugar hoxe.
|
Nomeación Auxiliares Administrativos por promoción interna |
|
| 12 Dez 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos a resolución da nomeación dos Auxiliares Administrativos do Estado da convocatoria de 2010, promoción interna.
|
Reunión da Comisión de Igualdade |
|
| 01 Dez 2011 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión da Comisión de Igualdade de onte.
|