CIG-Administración Pública manifesta, máis unha vez,o seu rexeitamento a cualquer novo corte nos salarios dos empregados/as públicos |
|
| 18 Nov 2011 |
Ante as declaracións do candidato do PP á presidencia do Goberno español nunha entrevista publicada nun xornal estatal Á vista das declaracións de Mariano Rajoy, candidato a presidente do Goberno español polo PP nas eleicións do próximo día 20N, nunha entrevista que hoxe publica un xornal estatal, a respeito do corte salarial para o persoal da administración pública e sobre a posibilidade de novas rebaixas das retribucións e retallamentos de servizos públicos; a CIG-Administración Pública (tal e como xa se ten manifestado dentro das posicións da Área Pública da CIG) quer comunicar que non está disposta a aceitar nen baixadas, nen cortes salariais e esixe á recuperación dos soldos, a anulación da contraproducente taxa de reposición e a paralisación da amortización direta de milhares de postos de traballo.
|