A CIG pide o voto para as forzas políticas galegas, nacionalistas e de esquerdas

17 Nov 2011

Alerta de que unha maioría absoluta do PP “vai empeorar aínda máis” a situación, porque afondará nas políticas de recorte de dereitos e gasto social aplicadas polo PSOE

A Confederación Intersindical Galega considera que nunha situación económica e social como a actual, os resultados das eleccións do 20-N cobran especial importancia, como tamén “a quen lle dermos o noso voto”.

Por iso, a central sindical fai un chamamento aos traballadores e traballadoras a participaren activamente nestas eleicións “apoiando e votando aquelas forzas políticas que, na rúa ou nas institucións, estiveron connosco luitando contra as medidas políticas tan antisociais e antiobreiras e defendendo un novo modelo económico e social máis xusto, solidario e democrático”.

Mais info: xornal dixital Avantar