Comisión Permanente Saúde Laboral

24 Nov 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión da Comisión Permanente de Saúde Laboral, que tivo lugar onte.

 

Acción Social (pagamento axuda de vivenda)

24 Nov 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Da Acción Social informan que debido a un problema técnico, non foi posíbel incluir no ordenado de novembro (tal e como estaba previsto) o pagamento da axuda de vivenda. Este problema está a ser solventando, polo cual a axuda será paga xunto con o ordenado de decembro.

 

Propostas plano de formación 2012

21 Nov 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos escrito coa nosa proposta para o plano de formación para o ano 2012. Estamos a recoller propostas para elaborarmos unha relación de cursos e propormos a sua inclusión no próximo plano de formación. Se quixeres colaborar é só contatares connosco.

 

Convocatoria bolsa fixos discontinuos (Campaña Renda)

21 Nov 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos convocatoria para a cobertura de vagas de fixos discontinuos (Campaña de Renda), que se acaba de publicar na páxina web da AEAT. Tambén podeis consultala seguindo os seguintes pasos: www. aeat. es - "Agencia Tributaria"-"Empleo Público"-"Convocatorias año 2011".

 

CIG-Administración Pública manifesta, máis unha vez,o seu rexeitamento a cualquer novo corte nos salarios dos empregados/as públicos

18 Nov 2011

Ante as declaracións do candidato do PP á presidencia do Goberno español nunha entrevista publicada nun xornal estatal

Á vista das declaracións de Mariano Rajoy, candidato a presidente do Goberno español polo PP nas eleicións do próximo día 20N, nunha entrevista que hoxe publica un xornal estatal, a respeito do corte salarial para o persoal da administración pública e sobre a posibilidade de novas rebaixas das retribucións e retallamentos de servizos públicos; a CIG-Administración Pública (tal e como xa se ten manifestado dentro das posicións da Área Pública da CIG) quer comunicar que non está disposta a aceitar nen baixadas, nen cortes salariais e esixe á recuperación dos soldos, a anulación da contraproducente taxa de reposición e a paralisación da amortización direta de milhares de postos de traballo.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

A CIG pide o voto para as forzas políticas galegas, nacionalistas e de esquerdas

17 Nov 2011

Alerta de que unha maioría absoluta do PP “vai empeorar aínda máis” a situación, porque afondará nas políticas de recorte de dereitos e gasto social aplicadas polo PSOE

A Confederación Intersindical Galega considera que nunha situación económica e social como a actual, os resultados das eleccións do 20-N cobran especial importancia, como tamén “a quen lle dermos o noso voto”.

Por iso, a central sindical fai un chamamento aos traballadores e traballadoras a participaren activamente nestas eleicións “apoiando e votando aquelas forzas políticas que, na rúa ou nas institucións, estiveron connosco luitando contra as medidas políticas tan antisociais e antiobreiras e defendendo un novo modelo económico e social máis xusto, solidario e democrático”.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Petición urxente Mesa de Vixilancia Aduaneira

16 Nov 2011
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Dada a situación que se está a atravesar no servizo marítimo de Vixilancia Aduaneira, con moitos compañeiros con problemas físicos ou de idade, apresentamos onte un escrito coa petición da Mesa de Vixilancia Aduaneira para tratar este tema.

Informamos tamén que o asunto foi falado con todas as organizacións sindicais para apresentarmos o escrito conxuntamente mais nen todas apoiaron a proposta.

 

Info sobre a Mesa Acción Social que teve lugar a 15-11-2011

16 Nov 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión da Comisión de Acción Social de onten.