A CIG esixe un cambio radical na política fiscal e máis investimento público para xerar emprego e reactivar a economía |
|
| 20 Out 2011 |
A Unión Comarcal de Ferrol realizou unha asemblea aberta en que se chamou a luitar por unha mudanza de modelo e se animou a participar na manifestación do 23 de outubro en Compostela Proseguindo co calendario de atos no contexto da campaña “Si, existen alternativas. En defesa do emprego e dos servizos sociais”, a CIG de Ferrol realizou unha asemblea aberta na tarde da cuarta feira en que participou tamén o Secretario Xeral da central nacionalista. ... Seixo demandou unha mudanza nas políticas fiscais, que debe pasar por máis impostos para as rendas máis altas e a persecución da fraude e dos paraísos fiscais, ao tempo que criticou o corte da despesa social e do investimento público nun momento en que este é a única vía para xerar emprego e reativar a economía. Suso Seixo acabou a súa intervención facendo un chamamento a participar na manifestación que a CIG ten convocado para o próximo domingo, 23 de outubro, en Compostela, e que sairá da Alameda ás 12:30 horas.
|