CIG, ELA e CGTP-IN valoran negativamente as medidas adoptadas para enfrontar a crise e apostan por outro modelo socioeconómico |
|
| 19 Out 2011 |
Acordan manter canais fluídos de comunicación e abrir vías de colaboración entre as tres centrais sindicais CIG, ELA e CGTP-IN mantiveron a semana pasada un encontro para avaliar as consecuencias que está a ter, nos respetivos países, a crise económica, o negativo impato das medidas que veñen adoptando os distintos gobernos para enfrontala, valorar a contestación social e as alternativas defendidas por cada central sindical. A reunión, realizada a instancias da CIG, concluíu co compromiso de manter unha comunicación fluída entre as tres organizacións, abrir vías de colaboración máis intensas e tentar confluír con mobilizacións similares.
|