Esclarecimentos prazos resolución Axudas Acción Social

23 Set 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Como nestes días estivemos a receber muitas consultas sobre os prazos de resolución da axuda de "Primera Infancia", axuda da cual a AEAT non nos informou en seu momento, esclarecemos o seguinte:

- Hai un prazo de 3 meses desde que finaliza o prazo de apresentación de instancias para resolver as axudas, neste caso ("Primera infancia") o prazo acabou no dia 15 de xullo, portanto teñen até 15 de outubro para resolver.

Da Acción Social coméntannos que van tentar que as axudas sexan incluídas no ordenado dese mes mas provabelmente irá no de novembro.

- Tamén dicervos que as resolucións coas axudas de "Promoción (Modalidade 2.2) e "Discapacidad" estará na Intranet no vindouro 26 de setembro (segunda feira).